Silleda segue coa campaña de Infoconsumo celebrando o 3 de maio a charla de dereitos básicos das persoas consumidoras
- ecosdacomarca

- 29 abr 2024
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
O Concello de Silleda, a través da Concellería de Promoción Económica, en colaboración co Instituto Galego de Consumo, segue desenvolvendo a campaña Infoconsumo. O venres 3 de maio ás 18:30, na Casa da Xuventude, vai ter lugar a xornada informativa centrada nos “Dereitos básicos das persoas consumidoras: como reclamar”. Está aberta á cidadanía en xeral.

A última charla tratará sobre os Servizos financeiros e bancarios: conta de pago básica, tarxetas, dixitalización dos servizos…
Publicidade
Co obxectivo de dispoñer de información en materia de consumo e coñecer os nosos dereitos para reducir os riscos de vulnerabilidade, haberá charlas nas que se asesorará á poboación silledense (mocidade, maiores, mulleres comerciantes…) de diferentes temas de interese.







Comentarios