A alcaldesa, Paula Fernández, asiste á constitución da Comisión de Seguridade Cidadá e Protección Civil da FEMP
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda vén de sumarse a convenio margo entre a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Xunta de Galicia para a coordinación de actuación no desenvolvemento do Programa Galego de Vixiancia e Control fronte á Vespa Velutina. Así se acordou na Xunta de Goberno Local, renovando a participación de Silleda neste acordo xunto a outros municipios galegos para impulsar, promover e difundir a información relativa ao programa.
A presenza da vespa velutina, especie invasora perigosa, non cesa de medrar desde as primeiras épocas da súa aparición supoñendo unha seria ameaza para a apicultura, a produción agrícola e o medio ambiente en xeral así como para as persoas. “Mediante este acordo trataremos un ano máis de poñer a disposición da veciñanza información ademais de coordinar ca Xunta as actuación de retirada de niños”, indica a alcaldesa.
Publicidade
As velutinas producen centenares de nais por cada niño e, polo tanto, multiplícanse con rapidez. Adoitan abandonar o seu letargo de inverno na época de primavera e de aí que sexa fundamental procurar reducir a formación de niños xusto nesta época. Desenvolver un trampeo xeral, ben con aparellos comerciais ou ben de fabricación caseira, coincidindo coa fase de construción e actividade do niño primario, permitirá capturar raíñas e, polo tanto, é unha das medidas máis efectivas para reducir o elevado número de niños que se forman ao longo do ano.
Publicidade
Silleda desenvolveu nos últimos anos o programa Silleda contra a vespa velutina, con distintas acción formativas sobre esta especie invasora.
Por outra banda, a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, participou este luns no acto de constitución da Comisión de Seguridade Cidadá e Protección Civil da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), da que forma parte xunto a outros alcaldes e
alcaldesas.
Durante a xornada todos os rexedores e rexedoras así como o personal da sede da FEMP en Madrid, gardaron un minuto de silencio en memoria das 193 vítimas falecidas hai 20 anos nos atentados do 11 M en Madrid, ademais de lerse un manifesto.
Comments