top of page

Silleda súmase á lista de Concellos galegos que apostan pola economía social

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Faino tras asinar un contrato con Coregal Parques e Xardíns, centro especial de emprego que forma parte de COGAMI Empresarial, que traballa tamén en Arzúa, Boimorto e O Pino


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de sumarse ao listado de municipios galegos nos que opera Coregal Parques e Xardíns S.L, un centro especial de emprego de economía social que se coñece pola marca Dixardín e que forma parte de COGAMI Empresarial da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade.


O xerente desta iniciativa social, Carlos Iglesias, mantivo en días pasados un primeiro encontro ca concelleira de Medio Ambiente, Pili Peón e a tenente de alcalde, Mónica

González, para establecer o primeiro contacto despois de que a firma resultase

adxudicataria do contrato de mantemento de parques e xardíns nas vilas de Silleda e da

Bandeira.

A entidade, logo da sinatura do contrato, comezará a traballar nos vindeiros días, sumando

así ao municipio silledense a lista de Concellos galegos nos que opera a empresa, entre

eles Santiago, Ames, Brión, Carballo, Arzúa, Boimorto, Corcubión, Muros, Carnota,

Mazaricos, O Pino, Cabana de Bergantiños ou Laxe, entre outros.


O contrato asinado terá unha vixencia de tres anos e o servizo executarano de xeito continuo un total de tres xardineiros. A proposta de Coregal Parques e Xardíns foi a máis vantaxosa das tres que se presentaron ao proceso de licitación aberto polo Concello de Silleda o pasado mes de outubro.


Dixardín

Dixardín é un centro especial de emprego de iniciativa social integrado en Galega de

Economía Social, Grupo de empresas de COGAMI Empresarial, que serve como plataforma para dar visibilidade ás capacidades das persoas con discapacidade, fomentando a inclusión laboral deste grupo social no sector da xardinería.


Esta iniciativa, que arestora conta cun cadro de persoal formado por 55 persoas, das que o 80% ten discapacidade, crea emprego no marco dos principios de autonomía persoal,

normalización, igualdade de oportunidades, non discriminación e plena inclusión.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page