Silleda súmase á campaña 'Un árbol por Europa'
- Laura Moure
- 10 may 2024
- 1 Min. de lectura
O vindeiro martes prantaranse exemplares en centros educativos, con especies autóctonas elixidas polos alumnos e alumnas
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda vén de sumarse á campaña Un árbol por Europa, promovida pola asociación xuvenil europeísta Equipo Europa. Así, o vindeiro martes celebrarse o acto de plantación de especies autóctonas en dous centros do municipio: o IES Pintor Colmeiro e o CEIP Ramón de Valenzuela.

O alumnado dos dous centros elixiron exemplares de texos, que se plantarán nas inmediacións do centro xunto con senllos exemplares de carballos.
Publicidade
Con esta iniciativa búscase concienciar á poboación máis nova da importancia do coidado do medio e fomentar o seu compromiso con causas medioambientais, no marco da Axenda 2030.
Publicidade
Dende o Concello de Silleda agradécese a proposta do Equipo Europa, que vén poñendo en marcha outras iniciativas como Europa en el Aula ou Europa Sostenible, así como a implicación dos centros educativos.
Comments