top of page

Silleda repartirá entre o colectivo dos taxistas a promoción do municipio a través de códigos QR

Ademais esta fin de semana difundirá a iniciativa entre as persoas que opositarán no recinto da Semana Verde


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda segue a traballar de maneira activa para fomentar o comercio, a hostalería e o turismo no municipio, no marco da campaña lanzada de promoción a través de códigos Qr, dende  os que descargar información útil sobre onde comer, onde durmir, onde mercar e qué visitar en Silleda, que se instalarán en eventos sociais, culturais e deportivos para quelas persoas visitantes da localidade atopen toda a información a golpe de clik. Agora dase un paso máis, e en  colaboración co colectivo dos taxistas da localidade, o Concello pon a disposición  destes códigos QR tamén nestes vehículos de transporte público.

Deste xeito, as persoas que utilicen os servizos de taxi, entre os que se inclúen moitos peregrinos que pasan regularmente por Silleda, poderán acceder de forma rápida e sinxela a toda a oferta comercial, hostaleira e turística do municipio.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Esta nova medida busca potenciar aínda máis a visibilidade dos negocios locais e facilitar o acceso á información das persoas visitantes. O obxectivo é aproveitar o fluxo de transporte que ofrecen os taxis, especialmente durante o paso de peregrinos polo Camiño de Santiago, para que coñezan as múltiples opcións que Silleda ten para ofrecer.

 

Outras accións

Ademais de esta acción, o Concello instalará os paneis da campaña nas instalacions da Semana Verde, onde se vai celebrar este sábado día 21, exames para mais de 1.000 personas, para ofrecerlles así alternativas para desfrutar de Silleda tanto para os aspirantes como para as súas familias acompañantes. Dende o Concello agradécese á Fundación Semana Verde a súa colaboración para a instalación destes elementos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Con estas iniciativas, o Concello de Silleda reafirma o seu compromiso en seguir traballando na dinamización do seu tecido económico, apoiando ao comercio local e á hostalería, e mellorando a experiencia dos visitantes.


コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page