Silleda reparte entre a mocidade un agasallo conmemorativo do Día das Letras
- Laura Moure

- 13 may 2025
- 1 min de lectura
Laura Moure/Silleda
A Concellería de Normalización Lingüística de Silleda repartirá entre a mocidade empadroada no municipio de Silleda un agasallo conmemorativo do Día das Letras Galegas, adicado este ano ás cantareiras e a tradición oral galega. Así, ao longo desta semana repartiránse de xeito gratuito (ata esgotar existencias) entre a poboación máis nova, de 12 a 30 anos de idade camisolas e chapas conmemorativas baseadas na figura das cantareiras. Poderán retirarse na Casa da Xuventude, onde tamén se atopan as dependencias da Biblioteca Daniel Castelao, (no número 90 da rúa Trasdeza) presentando o documento de identidade.

Esta acción de difusión enmarcase na programación que está a levar a cabo o Concello de Silleda con motivo do Día das Letras, e que continuará esta fin de semana cunha edición especial de Xonga na carballeira das Pedrosas (o sábado 17) e con máis actividades ata final de mes.
Publicidade
Deste xeito, dende o Concello de Silleda continúase con actividades de difusión do Día das Letras , con distintas propostas para poñer en valor a figura das homenaxeadas entre a mocidade. Así mesmo, dende os departamentos municipais de Mocidade e Cultura tamén se ten convocado o certame de vídeos “Presume de Lingua”, que continúa co prazo aberto ata o vindeiro venres 23, con premios que consistirán en vales para gastar nos establecementos do municipio.







Comentarios