top of page

Silleda reparte entre a mocidade tazas de Delgado Gurriarán, a quen se lle adica as Letras Galegas

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Entregaranse dende o venres na Casa da Xuventude da localidade


Laura Moure/Silleda

A Concellería de Normalización Lingüística, que dirixe Ángela Troitiño, repartirá entre a mocidade empadroada no municipio de Silleda tazas ca estampado escritor Florencio Delgado Gurriarán, a quen se adica este ano o Día das Letras Galegas. As tazas repartiránse de xeito gratuito (ata esgotar existencia) entre a poboación máis nova, de 12 a 30 anos de idade. Poderán retirarse dende o vindeiro venres 13 na Casa da Xuventude (rúa do Trasdeza) presentando o documento de identidade.


Esta acción de difusión enmarcase na programación que está a levar a cabo o Concello de Silleda con motivo do Día das Letras, e que continuará na biblioteca municipal Daniel Castelao (sita no mesmo edificio) o vindeiro mércores día 18 co obradoiro que leva por título “Atrévete a facer o teu propio libro”, dirixido especialmente a nenos e nenas de 6 a 12 anos. Con este obradoiro (17:30 horas) os participantes convertiránse en autores da súa propia historia cun álbum ilustrado.

Por outra banda, tamén na propia biblioteca se pode ver xa durante estes días unha mostra que recolle a vida e traxectoria de Delgado Gurriarán, natural de Vilamartín de Valdeorras, é autor de obras como Galicia infinda ou o Soño do Guieiro.


O alcalde en Cataluña

Por outra banda, o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, participou este mércores na localidade catalana de Sant Feliu de Llobregat na xornada que leva por título Instrumentos de Transformación Local e Global, da rede entidades locais para a Axenda 2030, da que forma parte o municipio.


A xornada foi inagurada por Lidia Muñoz, alcaldesa da localidade anfitriona e por Enrique Santiago, Secretario de Estado para a Axenda 2030. Entre as cuestións que se abordan nesta xornada, figuran o papel das institucións no cambio material, a contribución dos axentes locais a Axenda 2030 e ao desenvolvemento sostible, ou experiencias realizadas no ámbito local, no que expoñerán municipios como Rivas Vaciamadrid, o concello de Barcelona, ou Riba-Roja del Turia.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page