top of page

Silleda reordena o tráfico no entorno da rúa Cartaxena, que mudará o sentido de circulación

Tamén se cambiará a dirección na rúa da Empanada, na Bandeira, para reforzar a seguridade no cruce ca rúa Xeral


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda acometerá nos vindeiros días unha reordenación do tráfico no centro da vila de Silleda. Así, mudarase o sentido de circulación na rúa Cartaxena, á que se accederá dende a rúa Venezuela. Así mesmo, tamén muda a dirección do tráfico na rúa Antón Alonso Ríos, pola que se desviarán todos os vehículos que accedan dende a Cartaxena e tamén dende a rúa Castrelo, que continuará ca mesa dirección.

Deste xeito mellorase a seguridade nos entronques, tanto da rúa Cartaxena como da Castrelo, coa rúa Venezuela, unha das principais vías de circulación no centro da vila, garantindo unha maior visibilidade e tamén seguridade nos xiros.


Esta reordenación, coordinada e supervisada pola Policía Local de Silleda, realizarase nos vindeiros días ca colocación de sinais de tráfico. A adquisión destas sinais realizarase con cargo a unha axuda da Deputación de Pontevedra, por remanentes de baixas noutras actuacións en Silleda, de preto de 9.000 euros.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Así mesmo, ademais destas sinais, tamén se mercarán con cargo a esta axuda varias barandillas para colocar en distintos puntos do rural, e mobiliario urbano que se instalará en distintos espazos públicos a mode de elementos disuasorios para evitar a invasión de vehículos en espazos onde no se pode estacionar.


Cambios na rúa da Empanada

Por outro lado, e tamén para garantir a seguridade no tráfico, tamén está previsto acometer outra reordenación do tráfico na vila da Bandeira, co que se evitará a saida de vehículos a estrada nacional 525 (rúa Xeral) dende a rúa da Empanada. Deste xeito, o último tramo deste viario, dende a rúa Lavadoiro ata dito cruce ca xeral, sinalizarase como de dirección prohibida, permitindo só o acceso a garaxes das persoas residentes.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así pois, os vehículos só poderán acceder á rua da Empanada a través da rúa Xeral, pero non sair dende esta á estrada nacional, xa que a escasa visibilidade e as dimensións do cruce xa teñen provocado distintas situacións de perigo.c“Tanto este cambio na Bandeira como a reordenación do tráfico en Silleda responden a criterios de seguridade tanto para os peóns como para as persoas condutoras”, indica a alcaldesa, Paula Fernández.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page