top of page

Silleda renovará os cadros eléctricos en varios puntos para acometer o cambio de luminarias LED

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O proxecto, que se acometerá a través da Deputación cunha subvención do IDAE, suporá a sustitución de 250 puntos de luz en varias zonas do municipio


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda renovará as luminarias do alumeado público de distintos puntos do termo municipal a través do programa denominado “Iluminación Exterior Sostible II”, que acomete a Deputación de Pontevedra con Fondos Feder.


Este proxecto, que data xa de finais do ano 2019, implica que o Concello de Silleda deberá de realizar as adaptacións e renovacións nos cadros de luz das zonas nas que se actuará. Ditos cambios, supoñen un investimento de 15.000 euros, un gasto co que non se contaba e que figura xunto a outros investimentos na modificación orzamentaria que se levará ao pleno deste xoves, por importe total de 55.335 euros. En total renovaránse 205 puntos de luz que serán substituidos por luminarias LED, co obxectivo de lograr un maior aforro e reducir a contaminación lumínica. O investimento total será de 97.618 euros, contando cas achegas da Deputación de Pontevedra, fondos Feder e a correspondente aportación municipal.


Os puntos a renovar son 51 na parroquia de Lamela; oito na zona da rúa Calzada da Bandeira; 24 na rúa Trasdeza de Silleda; 19 na PO-201; outras 39 na zona sur de Taboada; 11 en O Burgo, na parroquia de Cortegada; e 53 en A Mera. Trátase de puntos de luz situados en farolas de maior altura, e na súa maioría ao pé de estradas moi transitadas. “Con esta iniciativa continuaremos apostando por reducir o consumo enerxético, pola eficiencia e polo paso a unha economía que reduza o carbono”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.


A convocatoria destas axudas realizaouse a través do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía no marco do programa operativo Feder de Crecemento Sostible 2014-2020. Segundo as estimacións técnicas, a factura eléctrica nos concellos reducirase en torno a un 62% con esta substitución de luminarias.


Cableado na segunda fase de Área 33

Entre os investimentos que se levarán ao Pleno tamén figuran figura a reposición do alumeado na segunda fase de ampliación do parque empresarial Área 33, onde foi substraído no seu día o cableado do alumeado público. Tendo en conta a notable actividade que se está a rexistrar nesta zona, con varias empresas operativas e outras xa en construción, o Concello asumirá a reposición do cableado para repoñer o servizo de alumeado público nesta zona do polígono.



0 comentarios

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page