Este proxecto ten un orzamento previsto de 48.000 euros
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda continua mellorando as instalacións deportivas no municipio. Así, vén de presentar un proxecto á liña de subvencións do Fondo de Compensación para renovar o alumeado no campo de fútbol Agro Novo, na parroquia de Laro.
Esta instalación foi remodelada no ano 2013 ca dotación de herba natural no terreo de xogo, entre outras melloras. E agora e a través do Fondo de Compesación Ambiental que ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do medio, e reequilibrio territorial, compensando a Silleda por contar con instalacións eólicas, ampliaránse as melloras cun novo sistema de alumeado.
No caso deste recinto deportivo, o sistema actual, con moitos anos de antigüidade, conta cun grao lumínico deficiente que afecta ao correcto desenvolvemento de adestramentos e competición, ademais de presentar tamén numerosas deficiencias que afectan ao traballo do clube local e á seguridade das persoas usuarias. O campo ten na actualidade seis torres de iluminación, que co proxecto de mellora se ampliarán a dúas torretas máis, utilizando luminarias LED e postes novos que substitúan aos actuáis, moi deterioradas.
O proxecto de Laro ten un orzamento previsto de 48.000 euros, IVE incluido. Esta actuación completará a colocación de colectores solares para mellorar o sistema de auga quente, instalada neste campo e tamén no de Mularedos, en Lamela. Precisamente en Lamela, a través dos fondos de compensación ambiental se renovou o alumeado do campo en 2019. O ano pasado, con estos fondos renováronse por completo os vestiarios e aseos da piscina municipal de Silleda e do campo de Outeiriño.
Comments