top of page

Silleda renovará as sinais indicadoras do Castro de Toiriz e instalará outras para o Museo do Campo

Esta dotación realizase a través da liña de subvencións da Deputación de Pontevedra para sinalización de elementos patrimoniais


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda acometerá, a través da liña de subvención para Rehabilitación e Sinalización do patrimonio histórico cultural da Deputación de Pontevedra a substitución das sinais indicadoras do Castro de Toiriz. Así, nas vindeiras semanas procederase á substitución das existentes, - algunhas delas moi deterioradas polo paso do tempo-colocando novos indicadores deste xacemento arqueolóxico, situado a escasos metros do casco urbán da vila de Silleda, continuando así ca posta en valor deste castro. En total serán sete as sinais que se renovarán.


Do mesmo xeito, e tamén grazas a esta liña de subvencións, colocaránse outros catro novos paneis indicadores sinalizando o Museo do Campo Galego e da Mecanización, situado xunto ao recinto feiral da Semana Verde.

ree

Este museo, un dos mais grandes de Galicia, con máis de 4.000 metros cadrados de exposición, recolle o devir do agro, dende a prehistoria ata os nosos días, contando con apartados expositivos de interese coma o que recolle vehículos agrícolas da mítica firma Barreiros. Neste caso serán 4 as sinais indicadoras que se instalarán en distintos puntos da vila de Silleda, para os que xa se solicitaron os pertinentes permisos.


Neste museo o Concello de Silleda conta dende hai varios meses cun Punto de Información Turística, e o centro oferta tamén descontos nas tarifas de entrada ás persoas visitantes procedentes do Mosteiro de Carboeiro. A subvención da Deputación para este proxecto de sinalización ascende a 4.041,34 euros.

ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Nos últimos anos, grazas a esta mesma liña de axudas da entidade provincial, tamén se levaron a cabo actuacións como a posta en valor da capela de San Brais en Chapa e o seu entorno, a do núcleo de O Foxo, ou a do patrimonio arqueolóxico da zona sur do municipio (Laro, Cortegada e Oleiros).

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page