top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda remata a obra para a instalación de novos banquillos no campo de fútbol de Mularedos

Esta dotación súmase a outras realizadas no último ano, como a dotación dun pozo para regar debidamente o campo, de herba natural


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, a través do departamento municipal de Deportes e de Vías e Obras, vén de rematar en días pasados a obra para a dotación de novos banquillos no campo de

Mularedos, na parroquia de Lamela. Operarios municipais levaron a cabo esta mellora das instalacións deportivas, coa colocación dos novos banquillos, -cun investimento de algo máis de 7.000 euros, en aceiro, e a construción dun muro na zona de actuación.


O campo de Mularedos era o único dos catro que contaban cuns banquillos feitos de cemento, que foron construídos na década dos anos 70, e acusaban un grandísimo deterioro, ademais de non cumprir cas medidas do terreo de xogo. Ca adquisición e obras de colocación destas novas estruturas, o Concello de Silleda sigue a mellorar as

infraestruturas deportivas, neste caso no campo de Lamela, un dos clubs de fútbol máis antigos da comarca, onde tamén se levaron a cabo importantes dotacións nos últimos meses. Así, o pasado ano dotouse ao campo cunha captación de auga, mediante pozo

de barrena, para facilitar as labores de regado do céspede, ademais de realizar melloras nos aseos e dotalo, a finais de 2019, dun novo alumeado, con luces LED.


O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, e a concelleira de Deportes, Mónica González, visitaron este venres as instalacións xunto con membros da directiva do club, que preside Antonio Collazo. Cuiña destacou ademais a colaboración da entidade no mantemento do

campo, que se dotou de céspede no ano 2012.


Alumeado en Laro

Ademais nos vindeiros días está previsto que remate a tramitación para adxudicar a dotación de alumeado no campo de fútbol de Agronovo, na parroquia de Laro, actuación que se acometerá como no caso do de Lamela, a través dos fondos que lle corresponden ao municipio polo Fondo de Compensación Ambiental.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page