Un tractorista, un albanel, un conductor de camión e un maquinista de retroexcavadora empezarán a traballar nos próximos 9 meses
Ecos da Comarca/Silleda
O Concello de Silleda segue mellorando os servizos municipais ca incorporación de catro novos funcionarios interinos na concellería de Obras no Rural para reforzar o departamento durante os próximos 9 meses. Estas novas contratacións permitirán optimizar asintervencións en infraestruturas municipais e atender con maior eficacia as
necesidades da veciñanza.
Os novos operarios, que comezaron onte mesmo o seu traballo, inclúen uncondutor de tractor, que reforzará o servizo de desbroce das vías municipais;un albanel, que asumirá distintos traballos pendentes no rural; e dousoperarios especializados, un condutor de retroexcavadora e un condutor decamión, que permitirán ampliar a capacidade de actuación con estas máquinas en tarefas como a apertura de cunetas e outras melloras en infraestruturas.

Xa neste primeiro día de traballo iniciaron a apertura de cunetas na zona de Parada e traballos de bacheo e reparación de beirarrúas no casco urbano. Ao longo da semana, está previsto que continúen coa colocación de tubos en Laro e os bacheos en diferentes parroquias do municipio, reforzando así o plan municipal de mellora viaria.
Este reforzo enmárcase no proceso de reorganización interna impulsado pola área de Obras, que agora xestiona Paula Fernández, que sinala que “con este novo equipo, o Concello de Silleda avanza no seu compromiso de mellorar o mantemento dos espazos públicos e garantir unha resposta máis áxil ás demandas da cidadanía”.
Personal do Plan Máis Provincia
Ademais deste personal, ao equipo de obras e servizos sumaranse nas vindeiras semanas, outras sete persoas como operarias a través da Liña 3 do programa Máis Provincia da Deputación de Pontevedra.
Para este exercicio, a oferta inclúe tres prazas de operarios varredores/as;outras dúas de operarios/as de bacheo; e 2 para operarios/as de servizosbásicos, para a realización de tarefas vinculadas ao plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais do ano en curso.
Unha vez remitida a través da Oficina de Emprego a lista de persoas candidatas, procederase a realización das probas estipuladas nas bases.
Komentar