top of page

Silleda recoñece os éxitos dos seus deportistas

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O alcalde e a edil de Deportes recibiron a Noel López, xogador do R.C Deportivo, a atleta Marta Lázara, ao xogador de pádel Agustín Fernández e ao piloto Christian Costoya


Laura Moure/Silleda

Hoxe celebrouse no Concello de Silleda unha recepción a varios deportistas silledenses en recoñecemento aos seus recentes triunfos en distintas disciplinas. O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Deportes, Mónica González, recibiron a Noel López De la Fuente, xogador do R.C Deportivo, a atletas Marta Lázara Otero, (finalmente Mariem Khallouk non puido asistir), o xogador de pádel Agustín Fernández Molinero e o piloto Christian Costoya.


“Para Silleda é un orgullo ter mozos e mozas coma vós”, sinalou o alcalde ao felicitalos polos triunfos da última tempada. “Ademais de ser un exemplo a seguir tamén estades a levar o nome de Silleda alá donde ides”, engadiu o rexedor, que destacou que todos eles teñen un “futuro prometedor” nas distintas disciplinas. O Concello entregoulles unha mochila a cada un, así coma libros, durante a recepción celebrada no hall da casa consistorial.

  • Noel López foi o artífice da victoria do R.C Deportivo Xuvenil na histórica final da Copa de Campións contra o Barcelona, disputada a finais de xuño. Leva dende os oito anos na escola de Riazor e xa fixo adestramentos co primeiro equipo.

  • Marta Lázara Otero, proclamouse este ano campiona galega de combinadas Sub-16. Militante do Club Atletismo Deza, esta silledense de tan só 15 anos, está a demostrar a súa valía no ámbito do atletismo cun prometedor futuro, tras acadar grandes resultados en 2020 nocampeonato galego.

  • Outra prometedora atleta silledense é Mariem Khallouk, que tamén milita no Club Atletismo Deza. Dende o Concello faráselle chegar tamén o agasallo, ao non poder estar hoxe presente. O pasado mes de xuño proclamouse campiona galega de lanzamento de peso Sub-20, ademais de quedar no 3º posto na carreira de 100 metros lisos.

  • Na recepción estivo tamén Agustín Fernández Molinero, campión galego de pádel, número 1 do ranking galego na categoría de cadetes. Agustín é ademais o primeiro galego menor de idade (ten 16 anos) en entrar no ranking do World Padel Tour.

  • E no ámbito internacional, o nome de Silleda está no mundo do Deporte da man de Christian Costoya Sanabria, que segue a facer historia no automobilismo. Con tan só 11 anos proclamouse en Italia campión das WSK Euro Series, culminando unha tempada espectacular na que gañou as cinco eliminatorias e a gran final do torneo automovilístico.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page