top of page

Silleda recibe hoxe o recoñecemento da Festa da Empanada de Bandeira como Festa de Interese Turístico Nacional

O Ministerio de Turismo elixiu á alcaldesa, Paula Fernández, para representar a todas as festas de España nas intervencións durante o acto


Laura Moure/Silleda

A Festa da Empanada de Bandeira, que este ano celebrou o seu 50 aniversario, foi recoñecida como Festa de Interese Turístico Nacional, un distintivo que será entregado hoxe nun acto oficial organizado polo Ministerio de Turismo. Este evento, que reunirá a representantes das 11 festas que recibirán este galardón en 2024, celebrarase este venres ás 12:00 horas no Teatro Real e estará presidido polo Ministro de Turismo, Jordi Hereu.

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, foi proposta polo Ministerio para intervir en representación de todas as festividades galardoadas en España. A alcaldesa estará acompañada por Andrés Seoane, presidente da Asociación Amigos da Empanada, e pola concelleira Asunción García, quen tamén participarán na recollida do distintivo.


Tanto Paula Fernández como Andrés Seoane coincidiron en recoñecer o traballo de todas as persoas que formaron parte da directiva da asociación, tanto presentes como anteriores, nunha festa que xa celebra o seu medio século de vida. Este recoñecemento pon en valor a importancia cultural e turística da Festa da Empanada, e espérase que impulse aínda máis a súa proxección no futuro, atraendo a un maior número de visitantes e contribuíndo ao desenvolvemento económico e social da rexión.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“É unha honra representar a Silleda e a todas as festas de España nun acto tan significativo. Este distintivo é un recoñecemento ao esforzo colectivo e á paixón coa que as nosas comunidades celebran as súas tradicións. Estamos comprometidos a seguir traballando para que estas festas continúen medrando e enriquecendo o noso patrimonio cultural”, declara a alcaldesa.


O acto de entrega marcará un momento destacado na historia da Festa da Empanada de Bandeira, reafirmando a súa posición como un referente cultural e turístico de Galicia.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page