top of page

Silleda realiza inscricións para o curso de Competencias Clave, para o que hai un novo ciclo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Todas as persoas interesadas pode asesorarse a través da Educadora Social e realizar a preinscrición para participar na formación preparatoria


Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda, a través do departamento municipal de Educación, que dirixe Ángela Troitiño, volve a asesorar nas inscricións para os cursos de Competencias Clave, jpara as que se acaba de abrir a convocatoria de exame nivel 2 e 3. O prazo para inscribirse remata o vindeiro 7 de abril e todas as persoas que o desexen poden achegarse ata o departamento de Educación (no Centro Social de Silleda) onde a través da Educadora Social recibirán a pertinente información.

Ademais das inscricións, dende este departamento municipal tamén se está a preparar –un ano máis- o curso de formación que contará con distintas materias de Nivel 2. Este ciclo formativo, de carácter presencial, está previsto en vindeiras datas se ben xa se poden realizar pre inscrición de cara a preparar as probas.


0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page