top of page

Silleda propicia a unión da Zona Franca e da Fundación Roberto Rivas para fortelecer o emprendemento

Estableceranse novas sinerxias en materias de emprendemento feminino e igualdade


Laura Moure/Silleda

O delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, mantivo este xoves un encontro co alcalde de Silleda, Manuel Cuíña; a concelleira de urbanismo, Paula Fernández, e a directora da Fundación Roberto Rivas, Olgas Rivas, co fin de establecer sinerxias en materia de emprendemento e igualdade cara ao “The Break”, Programa de Atracción de Emprendemento.

Esta iniciativa acollerá, repartidas por todo o territorio nacional, durante os meses de outubro e novembro a 280 mulleres emprendedoras europeas para traballar en retos

locais. Precisamente, a Zona Franca de Vigo e a Fundación Roberto Rivas son as únicas organizacións beneficiarias en Galicia e dúas das doce seleccionadas ao longo de todo o país. En concreto, a Galicia chegarán 48 emprendedoras acollidas por ambas

institucións.


En Silleda, a través da Fundación Roberto Rivas, participarán neste este programa un

total de 24 emprendedoras da UE coa finalidade de conectalas co ecosistema empresarial para que xurdan oportunidades comerciais e impulsar o investimento no rural. Segundo explica Manuel Cuiña, que "este proxecto desenvólvase no noso concello, aínda que teña un ámbito de actuación moito mais amplo, é unha oportunidade única para o emprendemento a nivel local, ademais de ser fundamental para a loita polo reto demográfico e o desenvolvemento local polo que non temos máis que palabras de agradecemento cara a Fundación Roberto Rivas por este novo impulso e a Zona Franca pola súa aposta por este territorio”.


Destaca o alcalde que esta reunión serviu para establecer sinerxias de colaboración para desenvolvemento deste proxecto, como o intercambio de ideas e propostas entre todas as emprendedoras que participen, que en palabras do alcalde “permitirá ou desenvolvemento conxunto de accións locais que terán un importante impacto global axudando así a transformar o noso territorio”


Ademais de establecer futuras sinerxias de traballo vinculadas a The Break, durante o encontro, David Regades puido coñecer as instalacións da Fundación Roberto Rivas, unha entidade privada, independente e sen ánimo de lucro coa que a partir de este encontro se propiciarán dende Zona Franca novas conexións, cambios e oportunidades que xeren un impacto económico, social e ambiental positivo na contorna rural. Para elo, David Regades compartiu coa directora os diferentes mecanismos dos que dispón a Zona Franca en materias de apoio ao emprendemento, á innovación e á internacionalización a través das súas aceleradoras como Vía Exterior, Vía Galicia ou Mar Exterior.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Entre os acordos adoptados entre a Zona Franca e institución Roberto Rivas, destaca a

posibilidade de que as e os emprendedores que estivesen incubando na Fundación, e que conten con proxección de futuro, van poder ter continuidade participando nalgunha das aceleradoras da Zona Franca. Un acordo que en palabras do rexedor “é oportunidade irrepetible para os que decidan emprender neste concello. A sinerxia entre a Zona Franca de Vigo e a Fundación Roberto Rivas será unha oportunidade de futuro para as e os nosos emprendedores polo que estamos moi satisfeitos con este acordo”.


País de referencia

The Break é un Programa de Atracción de Emprendemento Feminino desenvolto polo Ministerio de Industria a través da Fundación EOI, en colaboración con Impact Hub Madrid. A iniciativa forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e enmárcase en “España Nación Emprendedora”, a visión a longo prazo impulsada polo

Goberno para converter a España nun país de referencia en emprendemento innovador no ano 2030.


Neste programa participarán diferentes emprendedoras europeas seleccionadas para esta primeira edición e as organizacións locais de emprendemento, que en Galicia serán a Zona Franca e a Fundación Roberto Rivas, que as acollerán en España durante os meses de outubro e novembro.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page