Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda vén de programar para a vindeira fin de semana distintas actividades con motivo da volta ás aulas, dirixidas ao público infantil.

Así na xornada do vernes día 9 de setembro, os máis novos poderán desfrutar de xogos inchables na praza Juan Salgueiro de Silleda e na praza do mesmo nome da vila da Bandeira, a partir das 17:00 horas.
O sábado día 10, ás 19:30, chega á praza Juan Salgueiro de Silleda un espectáculo de Circo de Rúa, con Hípica Celta, con música, xogos, patinaxe… no marco do programa Cultura no Camiño.
Tamén o luns día 12 terá lugar no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira o espectáculo Don Gaiferos e o Dragón, a cargo de Títeres Cachirulo, ás 18:00 horas, unha sesión que inclúe obradoiros de manualidades para os nenos e nenas participantes.
Con estas actividades dende o departamento municipal de Cultura continúase ca programación de setembro, dando protagonismo aos escolares no inicio do novo curso.
Commentaires