top of page

Silleda, primeiro municipio de Galicia, en sumarse á rede literaria rural de “Mi pueblo lee”

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Esta asociación, sen ánimo de lucro, agrupa a localidades de distintas comunidades que participan nesta iniciativa para a organización de festivais literarios e outras actividades


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda é o primeiro de Galicia en sumarse ao colectivo Mi Pueblo lee, unha asociación sen ánimo de lucro, que organiza festivais literarios a nivel nacional para fomentar a lectura en entornos rurais así como a colaboración e visibilización dos mesmos.

Pobo, cultura e igualdade fúndense nesta iniciativa na que participan recoñecidas firmas da literatura e que terá tamén en conta aos autores e autoras locais.


Coa lectura como gancho, a entrada nesta rede cultural que naceu no ano 2016, permitirá situar a Silleda nun mapa turístico-literario, facendo da literatura un elemento de dinamización do municipio en distintos ámbitos.


Está previsto que a cita en Silleda se celebre na última fin de semana de outubro (29, 30 e 31), sempre que as circunstancias sociosanitarias o permitan. A celebración deste festival implicará á comunidade educativa, escritores locais e público en xeral, con distintas actividades durante a fin de semana.


Hai catro anos a escritora navarra Maribel Medina logo de acudir como convidada a un instituto e ao club de lectura de Puebla de Almoradiel (Toledo) e de coñecer as dificultades para organizar eventos de relevancia en localidades pequenas, puxo en marcha a iniciativa “Almoradiel lee” o xermen dun modelo que se está a estender por distintas comunidades de España. Nomes como Almudena Grandes, Javier Sierra, Rosa Montero, Alberto Vázquez Figueroa, Lorenzo Silva, Juan Gómez-Jurado, Fernando Marías, Cristina Fallarás, Ramón Gener, Nacho Abad, Nieves Abarca… figuran nunha longa lista de autores e autoras colabradoras desta entidade.


“A promoción e dinamización da lectura debe estar presente nas accións que se levan a cabo dende o departamento de Cultura. A idea de organizar un festival destas características en Silleda e de sumarnos a este colectivo con outras entidades locais e asociacións pareceunos moi vantaxosa”, explica a concelleira de Cultura, Mónica González, que avanza que se está a traballar tamén na organización de actividades telemáticas para unha primeira toma de contacto.


Obradoiros de rap e poesía nos centros educativos, encontros con escritoras e escritores, actuacións… mistúranse nunha proposta tamén ca premisa da interxeneracionalidade e que servirá tamén para dar impulso ao turismo cultural, ao estar presente Silleda nas rutas literarias desta asociación a nivel nacional.


Máis servizos na biblioteca pública municipal

Por outra banda, nos vindeiros días tamén se presentarán novos servizos na biblioteca pública municipal Daniel Castelao de Silleda.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page