top of page

Silleda presenta este venres o Plan Municipal de Saúde Mental

Tres silledenses compartirán a súa perspectiva isto: Raquel Romero, nutricionista; Gustavo González, fisioterapeuta e Noemí Rilo, experta en bienestar emocional


Laura Moure/Silleda

Este venres 11 de outubro, ás 20:30 horas, na Casa do Concello de Silleda, nun acto aberto a toda a cidadanía, celebrarase a presentación do Plan Municipal de Saúde Mental, unha iniciativa pioneira na comarca que ten como obxectivo abordar de maneira integral os retos e necesidades en materia de benestar emocional. O acto contará coa

intervención de tres profesionais silledenses que compartirán a súa perspectiva sobre a saúde mental desde distintos enfoques.

Raquel Romero, Técnica Superior en Dietética e Nutrición e coach nutricional, abrirá a quenda de intervencións explicando a relación entre a alimentación e a saúde mental, subliñando como unha dieta equilibrada pode impactar positivamente no noso benestar emocional. A continuación, Gustavo González, fisioterapeuta e propietario de Heia Fisioterapia, abordará a importancia da actividade física para manter un bo estado mental, facendo fincapé na conexión entre corpo e mente. Finalmente, Noemí Rilo, licenciada en Ciencias Sociais e emprendedora coa apertura do centro Voilá para o coidado emocional, ofrecerá a súa visión sobre o impacto social do benestar emocional e a súa relación co éxito persoal e profesional.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Antes destas intervencións, Angela Troitiño, Concelleira de Benestar Social presentará ao público asistente o Plan Municipal de Saúde Mental, dando a coñecer os obxectivos e liñas de actuación que conforman este plan, deseñado para previr, promover e atender as necesidades relacionadas coa saúde mental neste municipio.


O acto será clausurado pola alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, que destaca: “Imos ser o primeiro concello galego de menos de 10.000 habitantes que conta cun plan de saúde mental. Isto demostra o noso compromiso co benestar dos nosos veciños, traballando para mellorar a súa calidade de vida e crear unha comunidade máis forte e saudableSill

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page