top of page

Silleda presenta a súa nova caixa 'Aloumiños' para recibir ás crianzas recén nacidas

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O novo agasallo ten ademais un importante compoñente social ao ser deseñado e elaborado pola fábrica social da asociación Amicos



Laura Moure/Silleda

A Casa do Concello de Silleda acolleu este venres, 21 de xuño, a presentación do novo deseño da caixa regalo que o consistorio entregará aos nenos e nenas nacidos no municipio, no marco do Programa ‘Aloumiños’, que dando continuidade ao mesmo, incorpora agora un valioso componente social, ao ser deseñada e fabricada unha nova edición das mesmas pola Fábrica Social da Asociación Amicos


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

Estas caixas manteñen o formato das entregadas ata o momento, construidas en cartón reciclado, e incorporando unha camisola co lema Eu son do Concello de Silleda, un babeiro serigrafiado co nome do programa Aloumiños e unha guía de arrolos e xogos en galego. Ademais estas novas caixas incorporan un peto en forma de porquiño de cor verde e osiño de peluche que é a mascota da iniciativa e que leva como nome Silled@, e pegatinas para os vehículos coa mensaxe de “Bebè do Concello de Silleda a bordo”. Ademais todo o material deseñouse enfocados ao uso do galego e ao orgullo de pertenza ao Concello de Silleda.


O acto contou coa asistencia da alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, a concelleira de

Benestar, Ángela Troitiño, o coordinador de Alianzas con Empresas e Persoas de Amicos, Keltoi Cameán, e o técnico da mesma área da entidade na comarca, Pablo Penide. A rexedora foi a encargada de presentar ante os asistentes tanto o novo diseño como os produtos que contén o agasallo.

Mediante esta iniciativa, o Concello de Silleda e a Asociación Amicos, a través da súa Fábrica Social, dan forma ao valor da colaboración e a solidariedade das alianzas das institucións coa labor da entidade, centrada en ofrecerlle un apoio integral ás persoas con discapacidade intelectual, trastorno do espectro autista, dano ou parálise cerebral. “É fundamental a colaboración do Concello de Silleda coas entidades do tercer sector se queremos construir sociedades máis inclusivas e diversas” dixo a alcaldesa que agradeceu ao colectivo Amicos a súa implicación neste proxecto “creado para xerar entre a poboación máis nova ese sentimento de pertenza a este pobo. Sentirse orgulloso e orgullosa de vivir en Silleda” finalizou.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Maia, a primeira silledense en recibila

A pequena Maia estrenou onte a entrega das caixas no Concello de Silleda, recibindo de mans de Paula Fernández este agasallo. Pola súa banda, o coordinador de Alianzas con Empresas e Persoas de Amicos quixo salientar que “da Fábrica + Social de Amicos sae esta caixa de benvida chea de inclusión, para dar unha mensaxe positiva ao mundo dende cada crianza”.


Neste senso, o Concello de Silleda súmase a outras organización como Jealsa Rianxeira,

Vegalsa Eroski, Delagro ou a Consellería de Política Social da Xunta, confiando na Fábrica Social da entidade á hora de encargar os seus produtos.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Colaboración pola integración das persoas con discapacidade intelectual

O Concello de Silleda e a Asociación Amicos renovaron en abril o seu convenio de colaboración, centrado na integración laboral das persoas con discapacidade na zona. Para iso, a entidade boirense realiza distintas accións de formación, orientación e intermediación laboral na zona.


A asociación colabora así mesmo nas accións de orientación laboral para colectivos

vulnerables impulsadas polo Concello de Silleda, ademais de realizar campañas de sensibilización sobre as persoas con discapacidade intelectual e buscar fórmulas que faciliten a súa integración en todos os eidos. 



0 comentarios

留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page