Silleda presenta a súa diagnosis urbana con perspectiva de xénero e impulsa novas actuacións
- Laura Moure

- 26 oct
- 4 Min. de lectura
Cas conclusións desta xa se presentou unha solicitude de subvención ao Ministerio de Dereitos Sociais no marco da Axenda 2030 por importe de 162.000 euros para melloras
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda presentou este sábado a Diagnose Urbana con Perspectiva de Xénero, un proxecto que analiza o uso e a configuración dos espazos públicos en Silleda e A Bandeira para avanzar cara a vilas máis inclusivas, seguras e sostibles. A iniciativa, promovida pola Concellería de Xestión Urbana en colaboración coa Concellería de Igualdade, desenvolveuse durante os últimos meses mediante roteiros participativos e encontros con colectivos veciñais, persoal técnico, persoal municipal e distintos axentes sociais.
A partir das achegas recollidas, o documento identifica as principais demandas cidadás en materia de mobilidade, accesibilidade, seguridade e convivencia e formula propostas que incorporan a mirada dos coidados ao deseño urbano.
Durante a presentación, a alcaldesa, Paula Fernández, subliñou que “esta diagnose non é unha simple lista de actuacións pendentes senón unha folla de ruta compartida que debuxa o modelo de vila que Silleda quere ser, un lugar pensado para vivir con benestar, seguridade e igualdade, no que o espazo público se deseña ao servizo das persoas”.

O proxecto nace para dar cumprimento á medida 1.8 de Aplicación da perspectiva de xénero ao urbanismo local, recollida na AXENDA 2030 de Silleda, e alinease cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ( 3 Saúde e benestar, 5 Igualdade de xénero, 10 Redución das desigualdades, 11 Cidades e comunidades sostibles, 16 Paz, xustiza e institucións sólidas e 17 Alianzas para lograr os obxectivos ).
“A nosa obriga é planificar ubanísticamente , pensando en todas as persoas, sen exclusións, para construír unha Silleda ainda mellora” , remarcou. A coordinación correu a cargo da arquitecta silledense Natalia Campos, contou ca participación de Cristina Botana Iglesias, Raquel Doallo Álvarez e María Novas Ferradás, profesionais referentes nos ámbitos do urbanismo, a participación cidadá e a economía social. A diagnose enmárcase como proxecto piloto no programa SMAART da Universidade da Coruña, orientado a mellorar os asentamentos rurais desde unha perspectiva social e ambiental, o que sitúa Silleda como un dos concellos galegos pioneiros neste ámbito.
A alcaldesa anunciou ademais que, no marco das conclusión da diagnose, se ten presentado xa unha solicitude de financiamento de actuación tanto na vila de Silleda como da Bandeira ao Ministerio de Dereitos Sociais no marco da Axenda 2030.
A solicitude inclúe a execución de doce pasos de peóns sobreelevados, (sete no núcleo urbano de Silleda e cinco en A Bandeira), así como a instalación de trinta e dúas luminarias LED en puntos estratéxicos, e ascende a 162.000 euros, dos cales o Concello de Silleda achegaría de ser aceptada 20.000 euros como cofinanciación municipal.
A solicitude inclúe ademais a celebración dun foro autonómico sobre urbanismo con perspectiva de xénero en concellos rurais para compartir aprendizaxes e situar Silleda na vangarda destas políticas.
Pola súa banda, a concelleira de Igualdade, Ángela Troitiño, indicou que este traballo nace tamén baixo o paraugas “do Plan Municipal de Igualdade, que vai xa pola quinta edición e que tamén se está a implementar dende outros ámbitos”.
Publicidade
A arquitecta Natalia Campos, que realizou o balance do traballo e as accións realizadas, explicou todo o proceso no que foi clave a participación da veciñanza e colectivos, e que se basa en 5 compoñentes: servizos, vitalidade, calidade ambiental, autonomía e seguridade e tecido social. “É unha iniciativa totalmente pioneira que ademais está a despertar un grande interese no ámbito académico”, declarou, ademais de agradecer a oportunidade ao Concello de Silleda.
Novas obras no casco urbano
Durante o acto, a Alcaldesa anunciou tamén a inminente adxudicación das obras da avenida do Parque por un importe de 676.146 euros á empresa Taboada e Ramos, á unica que concorreu ao proceso de licitación. Os traballos comezarán de xetio inmediato polo treito da rúa Santa Olaia, para así non interferir nos actos previstos do programa de Nadal.
Adxudicación da Avenida do Parque.
O proxecto, que foi presentado en novembro do pasado ano á veciñanza e que tamén se realizou cun procedemento de participación veciñal (con enquisas nas que se realizaron achegas ao que foi a proposta final), afectará ao primeiro tramo da avenida do Parque (dende o enlace coa rúa Trasdeza ata o cruce con Santa Eulalia) e tamén ao entorno da praza da Igrexa. Inclúe a creación dunha ampla zona verde con bancos integrados ao principio da avenida, a plantación de novas árbores de gran porte, a reubicación da parada de taxis para optimizar o espazo público, e a ampliación da área da praza mediante a demolición do peche do recinto eclesiástico, o que permitirá crear unha zona con chanzos tipo auditorio cara a rúa Santa Eulalia. Este proxecto, financiado na súa redacción a través do programa Ágora da Deputación, concibe esta área como un espazo público aberto pensado para o tránsito peonil, que incluirá melloras de accesibilidade, zonas verdes renovadas e un novo deseño urbano centrado na seguridade e o benestar.
Publicidade
“Con estas accións, Silleda reforza o seu compromiso cun urbanismo sostible e colaborativo, contando coa implicación da cidadanía para construír un municipio máis accesible, verde e moderno”, indica a alcaldesa e responsable municipal de Xestión Urbana, Paula Fernández.
Esta intervención forma parte da estratexia municipal para completar o chamado cinturón verde de Silleda, un itinerario que reforzará a seguridade, a accesibilidade e a iluminación no núcleo urbano, con actuacións xa executadas nas rúas Arturo Pérez Lázara, Progreso e Chousa Nova.
Inicio do programa do 25-N
A presentación de onte serviu tamén para abrir a programación municipal do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, xa que tal e como explicou a concelleira de igualdade Angela troitilo “ responde ao recollido no V Plan de Igualdad Municipal en materia de urbanismo no que se estableceu a necesidad de promover espacios públicos seguros para la cidadanía en Xeral e as mulleres e as nenas en particular.








Comentarios