top of page

Silleda presenta a nova campaña turística baixo o lema ‘Silleda, natureza e sabor’

No acto estiveron presentes representantes das festas gastronómicas, protagonistas da iniciativa de promoción


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda presentou onte unha nova campaña promocional do municipio, nun acto no que estiveron representados a maioría das entidades organizadoras das festas gastronómicas, protagonistas desta iniciativa baixo o lema “Silleda, natureza e sabor”. A alcaldesa, Paula Fernández, -que agradeceu o traballo e implicación dos distintos colectivos-, lembrou que a campaña arrancou o pasado mes de abril ca promoción destes eventos e produtos na Festa do Viño da Ulla.

A promoción da gastronomía silledense estará presente en eventos como Turexpo, o salón do Turismo no marco da Feira Semana Verde, e noutras citas culturais e deportivas que se celebren nos vindeiros meses.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“Non todos os municipios teñen un patrimonio coma este, con tantas citas gastronómicas, polo que temos que seguir apoiando e sobre todo promocionando estas iniciativas”, indicou Fernández Pena, que estivo acompañada polas concelleiras Mónica González e Ángela Troitiño.


Ao longo deste 2025 celebraranse en Silleda un total de 8 festas gastronómicas cun calendario que arrancou o pasado 20 de abril en Abades, ca Romaría da Rosquilla, continuando ca Festa dos Callos de Ansemil-Martixe e da carne de vacún á brasa en Moalde.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En xullo tomarán o relevo a Festa do Lacón de Silleda, que cumpre 25 anos, a Festa da Paella de Cortegada e en agosto serán protagonistas a Romaría da Tortilla de Laro, declarada de Interese Turístico Galego, e a Festa da Empanada da Bandeira, que estrea en 2025 o título de Interese Turístico Nacional. Pechará o calendario en outubro a Festa da Castaña de Breixa.


Por outro lado, o Concello de Silleda vén de entregar os exemplares do sorteo do Día do Libro celebrado entre as persoas usuarias da biblioteca municipal Daniel Castelao ao longo da semana pasada. En total participaron 80 persoas, resultando agraciadas cos exemplares de literatura para adultos Natalia Conde Salgueiro; Elena Rivas (literatura xuvenil) e Antón Rodríguez Gende (literatura infantil).

A alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira de Cultura, Mónica González, participaron na entrega.


留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page