Os avisos recolleránse ata o vindeiro xoves día 14 e a retirada destes residuos realizarase a partir do vindeiro 18
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda poñerá en marcha nas vindeiras semanas a que será a segunda fase do ano da Campaña de recollida de plásticos agrícolas e invernadoiros do ano 2021, un servizo gratuíto para as explotacións do municipio. A campaña, organizada dende os departamentos de Medio Ambiente e Medio Rural, que dirixen respectivamente Pili Peón e Jesús Taboada está previsto que se execute na segunda quincena deste mes de outubro.
As persoas interesadas en dispoñer deste servizo de recollida porta a porta, deben de chamar ao 986 580 000, en horario de 08:00 a 14:00 horas. Deben indicar nome, enderezo, teléfono e ubicación dos plásticos. Os avisos recolleránse ata o xoves día 14.
Así mesmo lembrase que só se recollerán plásticos agrícolas e de invernadoiro, que hai evitar metelos en sacas big-bag que dificultan o proceso de reciclado e que estes fardos, deberán ter a menor suciedade posible, non poderán conter outras materias impropias comogarrafas, fios de empacar, rodas, tubaxes de PVC, e ser depositados en
lugar libre de obstáculos, coma árbores , maquinaria etc. para facilitar o Esta será a segunda fase da décimo terceira edición desta campaña de recollida de plásticos, que se realiza en Silleda dúas veces ao ano, en primavera e outono. Está previsto que nos vindeiros días se envíen aos domicilios dípticos, así como a colocación de avisos no rural para a veciñanza.
Todo un éxito
As campañas que se realizan en Silleda dende hai 13 anos son todo un éxito, cunha retirada de estes elementos contaminantes moi significativa. Así, no ano 2020 retiraronse un total de 93.440 kilos de plásticos agrícolas, nas dúas campañas realizadas, sen contar os que se depositan ao longo de todo o ano no Punto Limpo de Silleda.
Na primeira deste ano, celebrada en abril retiráronse un total de 44.740 quilos de plásticos.
Apertura ximnasio
Por outra banda, a vindeira semana, xa dende este luns día 4, estará aberto ao público o ximnasio instalado polo Concello de Silleda nunha das aulas polivalentes do Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira.
O proxecto foi adxudicado á empresa Galitec Desarrollos Tecnológicos S.L, -única firma presentada ao proceso de licitación- por importe de 27.104 euros, dos que o Concello de Silleda aportou máis de 14.000 euros e o 45% restante foi financiado a través do Programa Leader, coa convocatoria do Agader.
Con esta iniciativa instaláronse nunha das aulas da parte superior do edificio, que se corresponde ca ampliación do centro, varias máquinas para realizar exercicio físico (bicicletas estáticas, elípticas, cintas andadoras e tamén unha área de pesas). Para facer uso desta nova instalación, será preciso reservar como mínimo 24 horas, ben de xeito presencial ou chamando ao teléfono 986 585 550.
Poderán estar de forma simultánea tres persoas, e o tempo de uso será de 1 hora como máximo, debendo utilizar máscara de protección entre outras medidas. A dotación, de acordo ca Asociación Cultural Vista Alegre, virá a incrementar os servizos que se ofrece neste centro municipal, onde xa se realizan dende hai anos actividades e cursos realizados co exercicio físico e o benestar.
Con este proxecto continúase apostando polas melloras do Centro Cultural Vista Alegre, ofrecendo ademais aos veciños e veciñas do municipio un novo espazo no que realizar exercicio físico.
Comments