top of page

Silleda pon en marcha a elaboración do plan estratéxico para implementar os ODS da Axenda 2030

Este Concello estará estará representado na Federación Española de Municipios e Provincias


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de poñer en marcha a redacción do plan estratéxico que permitirá implementar os ODS da Axenda 2030 no municipio. Elaborarase a través da subvención por importe de 57.345 euros concedida polo Ministerio de Dereitos Sociais e

Axenda 2030. Silleda foi o único Concello galego en obter esta subvención. No listado de

entidades beneficiarias só figuran as Deputacións de Pontevedra e Ourense.

Para definir e redactar este plan estratéxico vanse levar a cabo dúas fases. A primeira, unha diagnose local para coñecer en que punto se atopa o municipio, cal é a realidade, cales son os retos e as necesidades, ademais de facer unha análise DAFO, enquisas e recoller información procedente de fontes primarias e secundarias.


Publicidade

A segunda fase, que estará durante todo o proceso, é o deseño e implementación da campaña de comunicación para concienciar, informar e fortalecer as capacidades do que se coñece coma actores locais (políticos, técnicos, sociais, empresariais e cidadanía en xeral) e aumentar a súa participación.


Estes dous procesos están xa en fase de licitación. Con este plan estratéxico preténdese crear unha folla de ruta para así mellorar o desenvolvemento do municipio cumprindo cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e transformar a sociedade actual nunha máis sostible, xusta e inclusiva.


Publicidade

Por outra banda, a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, acaba de ser nomeada como vogal na Comisión de Seguridade Cidadá e Protección Civil da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).


A FEMP é a Sección Española do Consello de Municipios e Rexións de Europa (CMRE) e sede oficial da Organización Iberoamericana de Cooperación Intermunicipal (OICI).


Publicidade

A mandataria será a encargada de representar Silleda nesta comisión, o que permitirá obter unha proxección política do municipio a nivel nacional e mesmo europeo.


O Concello de Silleda tamén forma parte da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), incluída a súa vez na FEMP.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page