top of page

Silleda poderá abandonar o Plan de Axuste económico ao liquidarse este ano un dos créditos pendentes

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

En 2012 a entidade local tivo que someterse ás medidas do goberno central pola súa situación financieira


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda amortizará neste exercicio o préstamo que restaba do Plan de Pago a Proovedores, solicitado no ano 2012 cando o municipio se viu obrigado a adoptar diversas medidas económicas co chamado Plan de Axuste. Daquelas solicitáronse dous préstamos para ese plan de pagos por importe cercano aos 1,2 millóns de euros. Un dos préstamos liquidouse en 2019, convertíndose na primeira vez que o Concello finiquitou un crédito con cargo aos remanentes.


O Consistorio silledense.


Agora, e grazas á boa situación económica das arcas municipais, vense de aprobar no último pleno outra operación similar para amortizar o segundo dos créditos do Plan de Pago a Proveedores, do que aínda quedaban pendentes a principios deste ano 349.186 euros. Así, ademais das cantidades previstas no orzamento tamén se realizou unha operación para destinar 210.000 euros a saldar ese crédito, con cargo aos remanentes de tesoureiría.


“Esta operación permitirá ao Concello de Silleda quitarse de enriba un dos dous créditos que nos vimos obrigados a solicitar co Plan de Pago a Proveedores en base ao plan de axuste ao que quedamos sometidos hai xa nove anos”. Esa medida imposta dende o goberno central para o período 2012-2022 supuxo a adopción de diversas medidas de carácter económico e un endebedamento en dúas fases, -do chamado plan de pago a proveedores- con eses dous créditos e implicando unha serie de medidas cada un deles.


Este plan implica tamén cuestións como que non se poidan realizar novas contratacións de personal, nin cubrir por exemplo vacantes por xubilacións durante a vixencia destas medidas, derivadas do Real Decreto Lei 4/2012. Agora, o Concello de Silleda podería abandonar este chamado Plan de Axuste para deixar as medidas de especial vixiancia que o Ministerio de Facenda mantiña nos últimos anos. “Grazas á xestión realizada por este goberno nos últimos anos , e á contención no gasto, a situación económica do Concello de Silleda cambiou por completo, tal e como se vén desprendendo das liquidacións orzamentarias dos últimos anos”, explica o rexedor.


“Os números vermellos desapareceron das contas municipais en Silleda. E a día de hoxe, ademais de afrontar investimentos podemos liquidar préstamos en base aos bos resultados”, explica o alcalde, Manuel Cuiña. A liquidación do último orzamento, da que tamén se deu conta no pleno, arroxa novamente cifras moi positivas.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page