O Proxecto Ardora, subvencionado pola Consellería de Sanidade, levarase a cabo tamén ata 2025 nos municipos de Sobrado dos Monxes, Vilasantar e Curtis
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda, a través do colectivo Arraianas, levará a cabo no municipio un programa de prevención de condutas aditivas entre a mocidade. Esta iniciativa, baixo o lema Proxecto Ardora, subvencionado da Consellería de Sanidade, implementarase tamén nos municipios de Curtis, Sobrado dos Monxes, e Vilasantar, constando de dous piares
fundamentais.
Así, por unha banda figura a Unidade de prevención de Condutas aditivas, situada fisicamente na sede que a entidade ten, en Compostela (na rúa do Pexigo de Arriba 32, baixo,) e a implementación de diferentes porgramas e servizos.
Así, no eido educativo, propóñense actividades de saúde na escola, de cara á intervención co alumnado dos centros para promover a adopción de estilos de vida saudables. Tamén se plantexan sesións para abordar cos máis novos o impacto, mitos e crenzas sobre as drogas, ou outro programa para facilitar ferramentas sobre como afrontar a protección
ante a situación de consumo xogo patolóxico, violencia e/ou maltrato favorecendo o aumento da autoestima, o autocoidado e a capacidade para recoñecer os indicadores de risco fronte que alertan destas problemáticas.
A elaboración de material didáctico e divulgativo de carácter preventivo, buscando favorecer hábitos de vida saudable e o bo trato será outra das liñas de traballo no eido da mocidade.
Eido familiar
Proxecto Ardora, tamén plantexa actividades no eido familiar, dirixidas á poboación adulta (pais, nais, titores/as) de familias con fillos e fillas adolescentes que se atopan en situación de risco en relación co consumo de substancias nocivas para a súa saúde; así como a intervención terapéutica dirixida a familias dos diferentes concellos nas que se presente algún patrón de consumo de substancias aditivas.
Dende o departamento de Benestar Social e Mocidade, que dirixe Ángela Troitiño, xa se mantivo un primeiro encontro con responsables de Arraianas para preparar a implementación desta iniciativa no municipio, un proxecto que se extenderá ata o ano 2025.
Comments