top of page

Silleda pecha 2024 "cunhas contas saneadas grazas a unha xestión económica responsable"

Darase conta do documento no pleno convocado para este venres ás 10:00 horas


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda xa conta ca liquidación do orzamento do exercicio 2024, confirmando "a boa saúde financeira da entidade local", como sinala o goberno local. Cun resultado positivo de 652.418,97 euros e un remanente de tesourería para gastos xerais de 113.155,77 euros, "o municipio segue consolidando un modelo de xestión económica eficiente, que garante a estabilidade".


A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, destacou que os datos “reflicten o rigor e a responsabilidade na xestión dos recursos públicos, permitindo manter un concello solvente, con capacidade de investimento e con marxe para seguir impulsando proxectos clave para o futuro de Silleda”. Neste senso lembra o acordo que permitiu sacar adiante un proxecto inversor con máis de 1,7 millóns de euros para arranxos en pistas do rural, cun préstamo con cargo aos remanentes e a amortización precisamente a través da liquidación. Os datos da liquidación referidos á anualidade de 2024 reflicten unha situación económica estable, con capacidade para seguir atendendo as necesidades da cidadanía.

Salón de Plenos de Silleda. Autor: Ecos da Comarca.
Salón de Plenos de Silleda. Autor: Ecos da Comarca.

O Concello pecha ademais o ano con 2,4 millóns de euros en fondos líquidos, o que garante a capacidade de resposta ante calquera necesidade. O resultado orzamentario axustado é de 652.418,97 euros, consolidando un balance positivo que permite afrontar investimentos estratéxicos sen comprometer a estabilidade financeira. O gasto en investimentos reais representa preto do 27% do orzamento, "o que demostra o compromiso con seguir mellorando infraestruturas e servizos para a veciñanza".


Ademais, o gasto corrente está equilibrado, permitindo manter todos os servizos municipais cun uso eficiente dos recursos dispoñibles. "A estabilidade financeira do Concello de Silleda é froito dunha xestión rigorosa, enfocada en garantir o equilibrio orzamentario e optimizar cada recurso en beneficio da cidadanía, tal e como vén acontecendo nos últimos anos. O goberno local segue traballando para que cada euro investido se traduza en melloras reais para o territorio". “Estes datos confirman que estamos nun camiño sólido, onde a responsabilidade na xestión nos permite seguir avanzando, mantendo servizos de calidade e impulsando outros proxectos fundamentais para o futuro de Silleda”, sinala a alcaldesa e responsable municipal de Facenda, Paula

Fernández.


A liquidación será presentada ao Pleno da Corporación na próxima sesión ordinaria, que se celebrará o vindeiro venres día 28 (10:00 horas) e remitida ás Administracións Autonómica e Estatal, cumprindo coas obrigas legais de transparencia e rendición de contas. Cómpre salientar que esta situación financeira positiva acadouse a pesar de que o Concello de Silleda asume competencias que, por tamaño e poboación, non lle corresponderían. Un exemplo disto é o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), unha prestación esencial que o concello está a financiar moi por enriba do que debería corresponderlle por ter menos de 10.000 habitantes. O Concello inviste máis de 850.000 euros anuais para atender a 63 familias, mentres que a axuda recibida para cubrir este servizo é de pouco máis de 400.000 euros, “Estamos a asumir máis do 50% do custo real do SAF, garantindo que ningunha familia en situación de vulnerabilidade quede sen asistencia, a pesar da falta de financiamento suficiente por parte doutras administracións”, di a alcaldesa.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, o Concello está a facer fronte a servizos deficitarios como a recollida e xestión de residuos sólidos urbanos. A recente suba do canon de Sogama, derivada do seu incumprimento das normativas europeas en materia de reciclaxe e tratamento de residuos, obrigará a reaxustar o servizo para poder asumir este incremento de custos. "É importante destacar que Silleda é un concello exemplar en materia medioambiental, cun firme compromiso coa reciclaxe e a sustentabilidade. Non obstante, a retirada das bonificacións que tiñamos por parte de Sogama penaliza inxustamente o esforzo e compromiso ambiental de Silleda”, engade a rexedora.


Desafectación do uso en 132 metros cadrados do patio

Por outra banda, entre os asuntos que figuran na orde do día está a desafectación do uso dun anaco do patio do CEIP Plurilíngüe de Silleda. Esta zona, de 132 metros cadrados, situada á beira da Escola Infantil A Galiña azul, será acondicionada despois como patio ao aire libre para este último centro, co debido acondicionamento.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page