top of page

Silleda participará nun experimento pioneiro do CSIC sobre patrimonio e mente humana

Este estudo desenvolverase o vindeiro 10 de outubro na Casa da Xuventude


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda colaborará co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no desenvolvemento dun experimento do proxecto internacional XSCAPE – Material Minds, unha iniciativa financiada polo Consello Europeo de Investigación (ERC) que estuda como o contorno material e o patrimonio cultural inflúen na nosa forma de percibir o

mundo, pensar e comportarnos.

A actividade terá lugar en Silleda o vindeiro 10 de outubro na Casa da Xuventude de Silleda, e consistirá nun experimento de arredor de 15 minutos, no que as persoas participantes deberán observar diferentes obxectos e imaxes mentres o equipo investigador rexistra datos sobre os seus movementos oculares e corporais. As técnicas utilizadas son totalmente seguras, non invasivas e sen efectos secundarios, e todos os datos recompilados serán tratados de forma anónima e confidencial.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O proxecto XSCAPE, liderado en España polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT-CSIC), investiga a relación entre a cultura material e o desenvolvemento da mente ao longo da historia, integrando achegas da neurociencia, a arqueoloxía e a filosofía.


As persoas interesadas en participar deberán enviar un correo electrónico a cultura@silleda.gal indicando os seus datos de contacto e a preferencia de horario para realizar o estudo, de mañá ou de tarde. A selección farase por orde de inscrición ata completar as prazas dispoñibles. Cada persoa participante recibirá unha recompensa de 25 euros polo seu tempo e colaboración.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Máis información sobre o proxecto: www.xscape-project.eu



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page