Silleda participa na Mostra do Viño do Ulla de Vedra con produtores locais e ca Empanada da Bandeira
- Laura Moure
- 2 abr
- 1 Min. de lectura
A cita será esta fin de semana en San Miguel de Sarandón, onde se celebra a XLIII Exaltación do Viño da Ulla
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda estará novamente presente na Mostra dos Concellos da Subzona Ribeira do Ulla, que se celebra esta fin de semana en Vedra, coincidindo ca XLIII Exaltación do viño da Ulla, en San Miguel de Sarandón. O municipio de Silleda estará presente nas xornadas do sábado e domingo, con promoción de productos alimentarios de produtores locais e tamén das festas gastronómicas que se celebran no territorio.

Tamén se fará promoción turística do municipio e o domingo, día grande da celebración, haberá unha degustación gastronómica de todos os concellos participantes na que Silleda estará tamén presente ca Empanada da Bandeira, celebración que este ano estrea o distintivo de Festa de Interese Turístico Nacional, con degustación de empanadas feitas por panaderías silledenses. No acto participará tamén a nova directiva de Amigos da Empanada, encabezada por Manuel Cuiña.
Publicidade
A alcaldesa, Paula Fernández, agradece a iniciativa do Concello de Vedra, “que supón, un ano máis, unha oportunidade para a promoción e dinamización do noso territorio e de toda a zona do Ulla”, engade.
Comments