top of page

Silleda outorgou catro axudas á creación de emprego no primeiro semestre,que superan os 10.000 euros

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Ademais de tres novos locais de hostalería, acaba de conceder unha nova para un autónomo no sector audiovisual


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda a través da Concellería de Emprego, que dirixe Pili Peón, vén de outorgar un total de catro axudas á creación de emprego, convocatoria que se abríu o pasado mes de abril, e que suman un total de 10.200 euros . A última, aprobada en Xunta de Goberno Local, corresponde a Alberto Pereiras Pena, por importe de 900 euros, por Alta no Réxime de Autónomos no sector do audiovisual.


Con anterioridade, outorgáronse nas últimas semanas outras tres, con persoas beneficiarias que obtiveron unha alta puntuación pola contratación de persoal, sendo nos tres casos mulleres. Ao abeiro destas axudas Alba Fraga López recibirá 3.000 euros; Lourdes Melisa Osorio González 3.900 euros (neste caso abre dous establecementos) e Rocío Pena López outros 2.400 euros.

Deste xeito son xa 54 os proxectos empresarias subvencionados polo Concello de Silleda dende o ano 2015, cando se puxo en marcha este programa. A convocatoria deste ano abriuse o pasado 20 de abril, logo da publicación das bases en febreiro no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. As condicións son similiares ás de convocatorias anteriores (podendo solicitar estas axudas aquelas persoas que estén en situación de desemprego e queiran emprender proxectos pola súa conta), se ben hai que ter en conta que as contías se aumentaron na convocatoria de 2021.


Así, a axuda por apertura de local comercial pasou de 300 a 600 euros, e a Alta no Réxime de Cotización de Autónomos de 600 a 900 euros. O importe máximo da axuda é de 4.200 euros. Ademais, trátase dun programa programa no que se valora a maiores a perspectiva de xénero, con discriminación positiva no apartado referido á contratación de persoal.


O Plan Municipal de Axuda á Creación de Emprego iniciouse no 2015 como unha das grandes apostas do goberno municipal de Silleda para fomentar a creación de emprego. “Calquera silledense que esté en situación de desemprego e queira emprender un negocio en Silleda conta con estas axudas a fondo perdido, sempre que cumpra as condicións establecidas nas bases”, lembra a concelleira.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Puntúase que o promotor/a do proxecto sexa parado/a de longa duración; a apertura de local; a alta no Réxime de Autónomos; a contratación de persoal; e prímanse aqueles proxectos relacionados co sector primario, medio ambiente o que aposten polo I+D+I.

Tamén se outorgan a maiores puntos extra, para aqueles casos nos que os proxectos sexan promovidos por mulleres con cargas familiares de unidades monoparentais.


“As axudas outorgadas poden consultarse na páxina web municipal (www.silleda.gal) ao igual que as bases e os anexos que hai que presentar para formalizar a solicitude.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page