Será o xoves 20 de febreiro na Casa da Xuventude
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda, en colaboración coa Asociación Arraianas, organiza o obradoiro titulado Menores e pantallas. Estratexias para a prevención do uso abusivo, que se celebrará o xoves 20 de febreiro na Casa da Xuventude. Esta actividade, dirixida a familias con nenos en idade escolar, ten como obxectivo ofrecer información e recursos para o uso
responsable das novas tecnoloxías, en particular nas redes sociais e as TIC.

O obradoiro abordará temas clave como conceptos básicos sobre o uso de pantallas, estratexias para un bo uso das redes sociais e das novas tecnoloxías, así como recursos para o control parental. O obxectivo é dar ás familias ferramentas para previr o uso abusivo
destas tecnoloxías nos seus fillos e fillas.
Publicidade
A actividade ofrecerase en dúas convocatorias de horarios para que os participantes poidan escoller por preferencia:
De 12:00 a 13:30 horas
De 18:00 a 19:30 horas
A participación é gratuíta, pero solicítase inscrición previa. As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 986 592 037 ou nas dependencias municipais de Benestar Social.
Esta actividade enmárcase dentro das iniciativas do proxecto Ardora, un programa de Arraianas, co que colabora o Concello de Silleda, para a prevención de condutas aditivas, que busca promover a saúde e benestar da infancia e mocidade.
Comments