Silleda Motorsport vence tamén no Campionato Galego de Rallysprint
- ecosdacomarca

- 30 sept 2024
- 1 Min. de lectura
Os trasdezáns Marco Lorenzo e Diego Gil lévanse a Agrupación 4 na primeira tempada do novedoso Campionato Galego de Rallysprint
Ecos da Comarca/Silleda

Fin dunha tempada difícil de igualar para o equipo Silleda Motorsport, que tras vencer o Volante FGA e levarse a Beca Promoción Xoven Piloto PXP-25 da Federación Galega de Automobilismo, o que lle permitirá participar a próxima tempada nun Renault Clío Rallye 5, firmaban unha actuación impecable esta fin de semana, vencendo a Agrupación 4 e alcanzando a 8ª posición xeral Scratch co seu Peugeot 106 no I Rallysprint Val de Ramirás, última proba puntuable das tres que conforman a primera tempada do Campionato Galego de Rallysprint.
Tras vencer nas tres probas (Piñor, Silleda e Ramirás) lévanse Agrupación 4 de Rallysprint, así como unha quinta posición na clasificación xeral do campionato.
Publicidade
Con esta proba poñen fin a unha tempada impecable, na que lograron acabar sen incidentes nin averías en todas as probas nas que participaron. Desde o equipo queren dar as gracias a todos os que de unha ou outra forma axudaron a conseguilo, tanto amigos e xente de equipo, como a todos esos patrocinadores que aportaron o seu grao de area.







Comentarios