O equipo está formado por Marco Lorenzo e Diego Gil
Ecos da Comarca/Silleda
O equipo de Silleda, formado por Marco Lorenzo e Diego Gil, loitarán na última proba do Campionato Galego de Rallyes pola segunda praza na Copa PirelliAMF, tras lograr subir ao terceiro caixón do podio a pasada fin de semana no Rali San Froilán, celebrado na capital lucense, o que supón dous podios consecutivos.
Co Peugeot 106, e co gañador xa decidido, asinaban esta fin de semana un bo posto por diante do seu máis directo rival, Pablo Sánchez, que xogaba na casa, nun complicado rally cuns tramos moi difíciles e embarrados debido á meteoroloxía.
Publicidade
Conseguían así teminar no posto16 da clasificación xeral, e sendo quintos entre os coches de dúas rodas motrices, aínda despois dunha picada na xornada do venres, e pequenos problemas durante o sábado que se conseguían emendar na asistencia.
Publicidade
Así, o subcampeonato está por decidir na última proba da tempada, o Rali Ribeira – Ría de Arousa, que se celebrará a mediados do mes de novembro, e onde, aínda que o seu rival termine primeiro, tan só con acabar en cuarta posición sería suficiente para conseguir a medalla de prata no seu primeiro ano de competición ao completo, o que para eles é un obxectivo máis que satisfactorio.
Publicidade
Como sempre, non queren esquecerse de agradecer toda a axuda recibida por parte de familiares, amigos, patrocinadores, e toda a xente dunha forma ou outra achega o seu gran de area.
Comments