top of page

Silleda mellorará o Centro Social de Saídres, cun novo proxecto no lugar das antigas casas dos mestres

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O Concello publica convocatorias para prazas de arquitecto/a e enxeñeiro/a


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda acometerá a mellora e ampliación do centro social da parroquia de Saídres. Esta actuación, que se levará a cabo cos fondos do Plan Máis Provincia 2025 da Deputación de Pontevedra que lle corresponden ao municipio de Silleda, acometarase toda vez que a veciñanza da parrroquia decidiu o pasado mes de decembro derribar

as antigas casas dos mestres.

foto

Trátase dun edificio moi deteriorado, situado a carón do centro social da localidade, e que a día de hoxe supón un perigo polo estado que presenta. En días pasados, o goberno municipal presentou á veciñanza de Saídres o avance do proxecto que xa se está a redactar, para pulsar a súa opinión. A proposta pasa pola dotación dun novo espazo polivalente, de planta baixa, no lugar que ocupan as escolas. Levantarase nesta zona, e ca mesma superficie para que sirva tamén de lembranza das casas dos maestros, cunha nova construción acristalada que contará cunha sala de usos múltiples e un pequeno almacén. A solución proposta conecta tamén este novo espazo co centro social, -ubicado na antiga escola construida no ano 1921- a través dunha das portas laterais. Na escola actual faranse actuacións de mantemento para a reparación de humidades, dotacción dun aseo accesible e resposición de instalacións da cociña.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O centro social de Saídres é punto de encontro para a veciñanza e acolle tamén os ensaios do grupo de música tradicional Pau de Buxo. O avance do proxecto, que está a redactar a arquitecta Marlene Pérez, tivo unha gran acollida da veciñanza, que viña reclamando a mellora do espazo. “Con esta solución proposta non só se amplia e mellora o servizo, senon que tamén se elimina esta antiga construcción dos anos 50, cun novo espazo que se integrará co centro social para uso e disfrute.


Por outra banda, o Concello de Silleda vén de realizar varias convocatorias para prazas de persoal funcionario. Así, no BOP publicouse o mércores o anuncio da convocatoria para a selección dunha persoa como arquitecto/a, neste caso en réxime de interinidade, e a creación dunha bolsa de emprego. O periodo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles contados a partir de onte, xoves. As bases poden consultarse no taboleiro da Sede Electrónica.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outro lado, tamén se publicou onte no BOP de Pontevedra a convocatoria, bases e temario para cubrir unha praza de enxeñeiro/a (grupo A1), por quenda libre, a través dun proceso de selección polo sistema de oposición.


Este posto de traballo formou parte xa da Oferta de Emprego Público do Concello de Silleda para o ano 2023, quedando finalmente deserto. O prazo para presentar solicitudes será de 20 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page