top of page

Silleda lidera un dos grupos que opta á subvención no PERTE de Dixitalización do ciclo da auga

A rede de saneamento en Lamela, con 2,5 millóns de euros, a dixitalización de todo o

ciclo da auga e a contratación de personal, son algunhas das medidas do proxecto


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de presentar a súa solicitude para a obtención de fondos na primeira convocatoria de subvencións en concorrencia competitiva de proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PERTE Dixitalización do Ciclo da Auga), tal e como xa anunciamos esta semana ECOS DA COMARCA. Silleda lidera o chamado Grupo Galicia norte, no que participan tamén os Concellos de Fisterra, A Pastoriza, Melide, Pol e Valga, cun proxecto que suma en total a petición de 12.279.983,84.


No marco desta solicitude conxunta, o Concello de Silleda ten previsto poñer en marcha distintas actuacións, entre elas a dotación da rede de saneamento da parroquia de Lamela, cun investimento previsto de 2,5 millóns de euros. Tamén se contemplan na memoria remitida ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (MITECO) que permitirán á veciñanza coñecer de primeira man o seu consumo de auga real (gracias á telelectura), evitar perdas e detectar fugas, grazas aos sistemas dixitais de detección intelixente.

Ca dixitalización do ciclo da auga dende a súa orixe nas captacións ata o final do ciclo,

outórgase aos Concellos un control exhaustivo e en tempo real dos seus recursos hídricos, garantindo a súa salubridade, o seu subministro e o seu correcto uso, o que redundará a súa vez non só en beneficios particulares para a veciñanza, senón a nivel global para o seu conxunto, debido ao papel que o recurso hídrico ten na sociedade, como un ben esencial.


As actuacións presentadas no caso de Silleda, están valoradas en máis de 4 millóns de euros dentro do proxecto conxunto, dos que serían subvencionables a través destas

axudas un total de 3.335.494,32 euros (un 90% do orzamento). Con esa iniciativa os seis concellos membros da agrupación buscan lograr sinerxias que lle posibiliten acadar un fortalecemento da súa capacidade técnica, compartir custos, mellorar a implementación das teconoloxías e maximimizar o impacto de ditas actuacións.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O 22 de marzo do pasado ano 2022 o Consello de Ministros aprobou o PERTE (proxectos estratéxicos para a recuperación e transformación económica) de Dixitalización do Ciclo da Auga, no que se establecían as bases da que sería posteriormente a convocatoria desta subvención publicada o pasado 30 de setembro de 2022 no Boletín Oficial do Estado (Orde TED/934/2022), dotada orzamentariamente con 200 millóns de euros, cunha reserva explícita de 60 millóns para aquelas agrupacións de concellos que concorresen de forma conxunta.


O grupo Galicia Norte realiza así un esforzo con visos de aliñarse cos obxectivos da Unión Europea (o Green Deal, a Transformación Dixital e a Resilencia da Economía), para que dense os concellos integrantes se encaren os retos necesarios no marco da gobernanza do ciclo da auga e a súa problemática.


NOTICIA RELACIONADA:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page