top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda licita as obras da pista de Balántiga ata o cemiterio de Escuadro a través do Plan Marco

O arranxo deste vial ten un orzamento base de licitación de 115.532 euros


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de licitar os traballos de reforma integral do vial de Balántiga, na parroquia de Escuadro. Esta actuación realízase por procedemento aberto, a través da Plataforma de Contratación do Estado. O prazo para presentar propostas remata o vindeiro 21 de outubro.

Trátase da pista que vai dende o lugar de Balántiga ata o cemiterio parroquial, unindo esta localidade ca EP-6515. A mellora do tramo, de case un kilómetro de lonxitude, vén a completar a actuación realizada a través do Plan Marco da pista anterior, dende a estrada Nacional a Balántiga, con obras executadas en 2021.

Publicidade

É un viario que acusa un notable deterioro e que se atopa nunha zona onde se concentran varias explotacións agrogandeiras. Mellorarase toda a capa de rodadura desta pista, entre outras actuacións.


Publicidade

O arranxo deste vial ten un orzamento base de licitación de 115.532,01 euros. Nos dous últimos anos a través deste programa da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) executouse a mellora dos viais de Balántiga e Cumbraos (en Escuadro), o de O Castro-Negreiros e Portapiñeiro, na parroquia de Piñeiro.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page