top of page

Silleda leva a pleno a bonificación do IBI para máis de 150 explotacións agrogandeiras do municipio

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Na sesión do xoves darase tamén conta da cesión do Castro de San Mamede ao Concello por parte da Xunta


Laura Moure/Silleda

A bonificación do IBI para as explotacións agrogandeiras do municipio de Silleda, que se vén aplicando dende 2017, volverá ao pleno para a aprobación do listado de solicitudes rexistradas neste exercicio. En total foron 151 as peticións para acollerse a esta bonificación do 95% no recibo do IBI.

Así mesmo, na orde do día, figura tamén a aceptación da cesión do Castro de San Mamede, na parroquia de O Castro, por parte da Xunta de Galicia. O xacemento, que foi posto en valor polo colectivo A Copa do Castro hai varios anos, ten unha superficie de 17.800 metros cadrados, que pasarán agora a ser de titularidade municipal. Estas cuestións serán tratadas o vindeiro luns na comisión especial de Contas e informativa de Economía, na que tamén se explicarán outras cuestións da orde do día do pleno Ordinario coma a proposta de Ordenanza para o Regulamento da Administración Electrónica no Concello de Silleda.


Na orde do día da comisión figura ademais a adxudicación definitiva das obras da rúa Progreso á empresa Narom, e o cambio de destino do Plan Concellos 2021, que como xa se adiantou se destinará ao arranxo integral dunha ducia de viais no rural de Silleda, con 605.308 euros.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page