top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda leva a pleno a aprobación do Plan de Prevención e Defensa contra os incendios forestais

Este Concello aproba as bases para contratar como funcionario interino un animador/a sociocultural


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda someterá a aprobación do Pleno de xeito definitivo o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra incendios Forestais. O documento foi aprobado inicialmente o pasado mes de marzo (publicouse no BOP o 12 de abril) e non recibiu alegacións durante o preceptivo periodo de exposición pública. Unha vez aprobado o plan, o Concello poderá suscribir ca Consellería do Medio Rural un convenio para a participación dos técnicos de Seaga nas tarefas de inspección das parcelas incluidas nas faixas secundarias do municipio.

A Lei de Montes de Galicia establece que as faixas de xestión de biomasa secundarias teñen un ámbito municipal e posúen a función prioritaria de protección dos núcleos poboacionais, das infraestruturas, dos equipamentos sociais, das zonas edificadas, dos parques e dos polígonos industriais. Sendo competencia dos concellos elaborar e aprobar os plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais no seu territorio, o Concello de Silleda ao adherirse ao Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias, tivo a colaboración SEAGA para a elaboración do Plan municipal de prevención e de defensa contra incendios forestais do Concello de Silleda.


Publicidade

Este plan ten como obxectivo, en cumprimento do establecido na lei 7/2012 de montes de Galicia e na lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia referido ás redes de faixas secundarias de xestión de biomasa, garantir o control e a eliminación total ou parcial da biomasa forestal, mediante técnicas silvícolas axeitadas, coa

finalidade de reducir o risco de incendio e protexer a seguranza das persoas. Este plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Silleda cumpre coa estrutura e as directrices que marca a lexislación aplicable e vixente na actualidade.


Ampliación do procedemento municipal

Ca aprobación definitiva deste plan, o Concello de Silleda poderá ampliar o procedemento que se viña realizando para a limpeza de parcelas con maleza. Os departamentos de Medio Ambiente e Medio Rural, que dirixen respectivamente Paula Fernández e Jesús Taboada, levan semanas traballando na elaboración dun novo procedemento que permitirá, ademais de ter un maior control nas faixas de protección municipais, axilizar o proceso para a limpeza das mesmas no menor prazo de tempo posible.


Publicidade

Nova praza

Por outra banda, o Concello de Silleda vén de iniciar o proceso para a selección dunha persoa como animador/a sociocultural como funcionaria interina, a fin de cubrir a baixa médica da persoa que ocupa o posto. Así, na última sesión da Xunta de Goberno Local foron aprobadas as bases que rexirán o proceso de selección para o posto. O prazo para presentar solicitudes abrirase unha vez que se publiquen ditas bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra.


Nas propias bases figura a documentación e anexos que deben de presentarse no Rexistro Municipal durante os dez días naturais contados a partir do día seguinte á publicación. O proceso de selección realizarase mediante o proceso de concurso- oposición. Poderán presentarse as persoas que conten ca titulación do Ciclo Superior Técnico en Animación sociocultural e turística. Diplomatura ou equivalente.


As bases publicaránse tamén na web municipal e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Silleda.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page