top of page

Silleda lembra que o día 30 acaba o prazo para que as asociacións xustifiquen as axudas recibidas

Ecos da Comarca/Silleda

As asociacións, colectivos e clubs deportivos que recibiron este ano subvencións municipais para desenvolver as súas actividades deben de xustificar estas axudas nas vindeiras semanas tendo como data límite o vindeiro día 30 deste mes de novembro, tal e como se recolle nas Bases Reguladoras das axudas publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra. Para xustificar estas axudas, os colectivos deben de presentar as facturas correspondentes así como un documento anexo para a conta xustificativa, que está dispoñible tanto no Concello, como na web municipal e tamén

nas propias bases.

Aínda que moitas destas axudas xa foron xustificadas e abonadas, dende o Concello lémbrase que aínda faltan entidades por presentar a documentación. En total o Concello de Silleda repartiu neste exercicio un total de 101.000 euros nas tres liñas de subvencións, para actividades culturais, deportivas e veciñais, beneficiándose un total de 37 entidades.


Nas subvencións culturais outorgáronse 3.285,53 euros para a Coral Polifónica Trasdeza; 1.206,81 euros para o colectivo Coto do Castelo de Graba; 3.321,63 para a Asociación Cultural Xirandola; 1.364,22 para a Asociación Feiral Semana Verde; 1.664 para o Coro Vales Mahía; 2.041,39 para a ANPA Musiquiños; 3.683,86 euros para a Asociación Cultural Vista Alegre; 1.049, 05 euros para O Son da Fervenza; 987,05 para O Cruceiro de Breixa; 600 euros para a Asociación Mulleres de Silleda; 1.044 ,46 para o colectivo Festibandeira; 1.700 euros para Amigos da Banda de Silleda; e 526 euros respectivamente para a Asociación Sociocultural de Cortegada e a asociación de Mulleres Fervenza do Castelo.

No referente á convocatoria de subvencións de carácter veciñal e/ou participación social, o listado de beneficiarios inclúe a Asociación de Veciños de Negreiros, con 428 euros; Copa do Castro, con 700 euros; A Costa de Abades, con 1.091 euros; Asociación San Miguel de Lamela, 700 euros; Avecuco de Cortegada, 1.191 euros; Vilar de Trasdeza con 927 euros; Avema, con 891 euros; a asociación Santiago Apóstolo de Taboada con 400 euros; asociación veciñal de Ansemil-Martixe con 700 euros; Asociación veciñal San Félix de Margaride 382 euros; e asociación cultural e veciñal Axóuxeres de Fiestras 645 euros.


Subvencións deportivas

Na liña das subvencións deportivas o reparto inclúe a Escola de Fútbol de Silleda con 6.056,25 euros; o Club de Pesca Deportiva Río Deza con 700 euros; SPD Deza Pádel con 1.976,25 euros; Sociedade de Caza, Pesca e Tiro de Silleda, con 2.996,25 euros; Club Deportivo Castillo Ulla Deza con 1.147,50 euros; Club Petanca Bandeira, 2.358,75 euros; BTT Trasdeza con 2.103,75 euros; a S.D Bandeira con 6.311,25 euros; os clubes C.F Laro, C.F. Lamela e S.D Silleda, aos que se outorgan respectivamente 3.6.97,50 euros e o club Amigos do Fútbol de Silleda con 256, 25 euros.


Subvención nominativa ás bandas de música

Polas súas especiais características de funcionamento e a labor didáctica que realizan, este ano por segunda vez a Banda de Música Municipal de Silleda e a Banda Recreativa e Cultural da Bandeira terán subvención nominativa, sen concorrer cos demais colectivos, con axudas respectivamente de 20.000 e 15.000 euros, a xustificar como no resto dos casos.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page