top of page

Silleda lanza unha nova fase do programa decompostaxe para a correcta xestión da fracción orgánica

Repartiranse 150 composteiros domésticos entre a veciñanza interesada, totalmente de balde, co obxectivo de xestionar os restos de comida xerados no fogar


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda pon en marcha a segunda fase do proxecto de compostaxe doméstica para os veciños e veciñas das parroquias de Lamela e Piñeiro, que permitirá

achegar a ditas zonas un total de 150 composteiros para que sexan usados nos fogares.

Estes puntos individualizados de reciclaxe poden ser solicitados no Concello a través do teléfono 986 180 239 ou mandando un correo a soledad.rey@silleda.gal, e non terán ningún tipo de custo para a cidadanía.


Esta medida permitirá que, nos fogares que soliciten estos composteiros, se mellore a xestións dos residuos orgánicos, xa que poderán reciclar os restos de comida e restos vexetais de poda e de horta, todo elo sen que salgan da casa aportando así numerosos beneficios dende o punto de vista ambiental, social e económico, xa que ao non ser necesario recollelo nin transportalo ata o punto de xestión, almacenalo e finalmente reciclalo, se aforran emisións de CO2 do transporte e tratamento e o propio custo de xestionalo.

Por outro lado, o participantes no programa obterán como produto final un fertilizante natural de excelente calidade con propiedades que melloran o solo e evitando a compra e uso doutros produtos químicos.


Así, os fogares que soliciten para uso individual estos contenedores poderán botar restos da cociña como froitas e verduras, carne e peixe, pan, legumes e cereais, ovos e cunchas de moluscos, froitos secos, pousos de café e infusións, panos e papel de cociña sen tinturas. Tamén se poden botar restos do xardín e horta como follas, flores, raíces e restos das colleitas, herba e palla, restos de poda triturados, cinza e serraduras de madeira sen aditivos, papel e cartón.


O Concello agradece a colaboración da cidadanía neste programa xa que os residuos orgánicos poden ser un grave problema medioambiental se non se xestionan correctamente. A súa descomposición sen control produce lixiviados (líquidos cunha alta concentración de materia orgánica) que contaminan solos, ríos e acuíferos e emiten gases de efecto invernadoiro como metano e dióxido de carbono.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Por elo, baixo o slogan Dalle unha nova vida ao lixo. Compóstate ben preténdese concienciar á poboación da importancia de xestionar os restos orgánicos para valorizar e obter un fertilizante natural de calidade, recomendando a veciñanza de Silleda que depositen os restos orgánicos xerados no seu fogar nos composteiros domésticos e que só depositen no colector verde a fracción resto.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page