top of page

Silleda investirá 350.000 euros na mellora de varios viais nas parroquias de Refoxos e Manduas

O investimento acométese con cargo ao programa Máis Provincia da Deputación de Pontevedra


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa arranxando a extensa rede viaria municipal cos fondos que lle corresponden do programa Máis Provincia da Deputación de Pontevedra (antigo Plan Concellos). Así, nesta anualidade, destinaránse 350.000 euros ao arranxo de varios viais nas parroquias de Refoxos e San Tirso de Manduas.

Na primeira delas, en San Paio de Refoxos, melloraranse os accesos a prácticamente a

totalidade dos núcleos, con actuacións en A Pallota, Xastres, O Outeiro, Cardesin, Lázara, A Calzada e O Couto. Algúns deles a mellora será con formigonado dos viais e noutros con

asfaltado en quente, incluindo varios tramos do vial principal que vertebra esta localidade.

O proxecto inclue tamén a actuación na pista entre A Moa e Quintela con actuacións a

maiores en todos os viais adxacentes.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O investimento total é de349.717,35, IVE engadido.

O proxecto foi xa remitido á Deputación de Pontevedra e unha vez aprobado será licitado

por parte do Concello. “Con este programa continuamos a liña de traballo dos últimos anos, aglomerando en quente os accesos principais e mellorando cunha dotación de maior durabilidade a nosa rede viaria”, explica a alcaldesa, Paula Fernández, lembrando que o pasado ano se acometeu en Silleda o maior investimento en pistas municipais, con actuacións por valor de máis de 1,2 millóns de euros.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Brigadas no rural

Por outra banda, o Concello de Silleda continúa acometendo a mellora de vias no rural cos

equipos que se conformaron con personal contratado tamén a través do programa Máis

Provincia, da liña 3. Ademais de bacheo, incluíndo tamén pistas de zahorra, tamén se

procederá ao rego dalguns viais, entre outros traballos.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page