O 80% do investimento será subvencionado a través das axudas de Economía e Industria á mellora de infraestruturas nos parques empresariais
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda acometerá a mellora dos viarios principais do parque empresarial Área 33, unha actuación cun invstimento previsto de 145.138,39 euros. Esta actuación levarase a cabo a través da subvención da Consellería de Economía e Industria para a habilitación e mellora de infraestruturas en parques empresariais, ca que se financiará o 80% da obra (con 119.982,71 euros).
Así pois, o Concello, que se presentou a esta liña de subvención a través de un procedemento de Concurrencia Competitiva, acadou o porcentaxe máximo de axuda que
establecían as bases de dita orde. O 20% restante do importe do proxecto foi solicitado
polo Concello de Silleda á Deputación de Pontevedra, a través do Plan Máis Provincia.
Esta mellora das infraestructuras viarias do parque empresarial área 33, vén a resolver o deterioro da capa de rodadura debido o envellecento das mezclas, as inclemencias
metereolóxicas e ao paso de vehículos pesados que soportan os viais de acceso e o vial
distribuidor do parque empresarial silledense.
Publicidade
Na obra a executar prevese a rehabilitación da calzada mediante a dotación dunha nova
capa de rodadura de asfalto en quente con previo fresado da capa existente. Ademáis
repintarase as marcas viais na zona de actuación, aumentando así a seguridade, eficacia e
comodidade na circulación.
Estas obras van a garantir o aumento de tránsito que se van producir no polígono trala
incorporación das novas industrias que están ocupando a segunda fase do mesmo. “Temos que ofrecer os mellores servizos para que esta segunda fase se colmate definitivamente” di a alcaldesa e responsable de Promoción Económica do Concello, Paula
Fernández Pena.
Publicidade
Esta era unha das demandas que lle foi trasladada ao goberno municipal pola Asociación de Empresarios do Polígono, e que se convertirá en realidade neste ano, xa que está previsto iniciarse o procedemento de contratación de forma anticipada, en espera da resolución da Deputación de Pontevedra. “A colaboración entre Administracións permítenos acadar resultados para atender as demandas que nos solicita a cidadanía, e esta obra é un exemplo de elo”, remarca a alcaldesa.
Con esta actuación, o Concello continúa mellorando esta área industrial de Silleda, onde nos últimos anos se levaron a cabo melloras como a dotación de nova iluminación, a creación dunha nova zona de estacionamento ou a creación do rueiro.
Comments