top of page

Silleda instalará unha pantalla xigante para poder seguir a final da Champions League o día 1 de xuño

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Será o partido entre o Real Madrid, no que milita o silledense Joselu, e o Dortmund


Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda instalará unha pantalla xigante para poder seguir a final da Champions League o vindeiro sábado día 1 de xuño. A cita será na praza Juan Salgueiro de Silleda a partir das 21:00 horas, cando dé comezo o partido entre o Real Madrid, no que milita o silledense Joselu, e o Dortmund.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Con este evento colaborará tamén a Asociación Cultural Xuventude Silleda que ao remate fará animación musical.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

“Silleda ten hoxe en día a Joselu como o seu gran embaixador. É un orgullo e un honor ter deportistas que chegaran tan lonxe, neste caso no deporte rei, e por iso queremos abrir a cidadanía esta final para festexar tamén o triunfo histórico que xa logrou con eses dous goles que lle deron o pase á final ao seu equipo”, sinala a alcaldesa, Paula Fernández.

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page