Esta medida permite reforzar e mellorar este servizo municipal que se proporciona a persoas dependentes
Ecos da Comarca/Silleda
O Concello de Silleda inicia o proceso de contratación de tres auxiliares da bolsa de emprego do SAF co obxectivo de cubrir substitucións por baixas e acumulación de tarefas por vacacións. A constitución desta bolsa rematou a mediados de xuño, que se realizou para reforzar o servizo e poder satisfacer as necesidades de persoas dependentes. Está previsto que as novas traballadoras se incorporen a mediados deste mes.

A creación desta bolsa formou parte dunha serie de melloras que o Concello de Silleda leva implementando no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que xestiona a propia entidade local, dando así cumprimento aos compromisos acadados nas últimas reunións mantidas polo goberno municipal tanto cas auxiliares sociosanitarias como cas familias das persoas usuarias.
Publicidade
Asimesmo, xa está en uso a aplicación CIBERSAD Profesional, que empregan as auxiliares e as traballadoras encargadas da coordinación do servizo para comunicarse e organizarse mellor as tarefas. Deste xeito, o emprego desta ferramenta dixital facilita o traballo entre ambas partes e a xestión do servizo.
Publicidade
Ademais, cabe destacar que as auxiliares xa recibiron a formación para o uso da app nomeada anteriormente e tamén un curso sobre a mobilización de persoas dependentes. Proximamente realizarase outro curso sobre habilidades sociais.
Kommentare