top of page

Silleda informará dos cambios no Nomenclátor de Galicia que afectan a distintos lugares do concello

As novas denominacións oficiais serán comunicadas ás parroquias e núcleos afectados e difundiranse tamén mediante bandos informativos


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda dará traslado nos vindeiros días ás parroquias e lugares afectados das novas denominacións oficiais aprobadas pola Xunta de Galicia no marco do Nomenclátor de Galicia 2026, ratificado polo Consello da Xunta o pasado 30 de marzo. A actualización foi elaborada tras a revisión do documento vixente desde 2003 e pode consultarse nos portais oficiais da Xunta, da Real Academia Galega e de Toponimia de

Galicia.

No caso do municipio de Silleda, os cambios aprobados afectan a distintos núcleos de poboación. Así, en Chapa pasa a recollerse o lugar de Eirexe pasa a ser A Eirexe; en Cortegada, A Revolta de Cardigonde; en Fiestras, Merín; en Laro, Souto; en Moalde, Caxamaría e A Eirexe; en Oleiros: A Fornería, A Laxe a A Pena do Camiño; en Parada, A Eirexe e O Medio da Aldea ; en Piñeiro, Castrocastriño pasa a denominarse Castracastriño; en Ponte: A Aldea de Abaixo, O Sino, e Tras do Sisto; en Refoxos, Currospedriños pasa a denominarse Corrospedriños; en Rellas, A Eirexe; en Silleda, O Outeiro; e en Taboada, A Eirixe.


Dende o Concello sinalan que estas novas formas serán comunicadas directamente ás parroquias e lugares afectados, ao tempo que se procederá á colocación de bandos informativos para facilitar o coñecemento destes cambios entre a veciñanza.

 PUBLICIDADE

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, subliña que “é importante que a cidadanía coñeza estas actualizacións, xa que afectan á denominación oficial de distintos lugares do noso municipio e forman parte tamén da nosa identidade territorial e lingüística”. A rexedora engade que “dende o Concello queremos que esta información chegue con claridade ás parroquias afectadas, explicando de maneira sinxela cales son os cambios aprobados”. Fernández lembra ademais que “a toponimia forma parte do noso patrimonio

cultural e da memoria colectiva, polo que este tipo de revisións contribúen a preservar e normalizar nomes de lugar que forman parte da historia de cada parroquia”.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O novo Nomenclátor de Galicia 2026 supón a revisión de milleiros de topónimos en toda a comunidade e incorpora tamén novos rexistros respecto da versión anterior, nun traballo baseado en criterios históricos, etimolóxicos e no uso oral e escrito recollido nos distintos territorios.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page