top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Silleda informa dun gromo de Covid en relación ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF)


Casa consistorial de Silleda

Laura Moure/Silleda

Os casos de coronavirus activos de Silleda de hoxe, luns, baixan con respecto a onte xa que pasan de 97 a 92. Ademais, o Concello de Silleda informa dun gromo relacionado co Servizo de Axuda no Fogar (SAF).


O Concello de Silleda, en relación ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que desenvolve segundo contrato a empresa Saluvi dende o pasado mes de setembro, e ante a aparición dun positivo de Covid-19 entre a plantilla explica que o "SAF viñase prestando con normalidade e coas medidas de prevención específicas ata a semana pasada. Todas as traballadoras dispoñen de material de protección para exercer o seu traballo (mascarillas FP2, quirúrxicas, batas, xel hidroalcólico e guantes)". Pero sinala que o pasado mércores día 3 ás 22:00 horas, unha traballadora do servizo comunicou á empresa concesionaria do servizo que un familiar seu deu positivo. "Deuselle orde de permanecer no seu domicilio e contactar co seu médico de cabeceira para seguir as instrucións sanitarias. Seguindo o protocolo, os seus servizos foron cubertos para o día seguinte xoves. Ese día as autoridades sanitarias indicáronlle a esta traballadora que continúase o seu traballo ao non considerarse contacto estreito do seu familiar positivo, por non estar no rango das 48 horas anteriores".


Pero segundo o comunicado do Concello "a empresa pide á traballadora que quede na casa ata o luns día 8 por precaución, cubrindo os seus servizos con normalidade". Sen embargo, o venres día 5, a traballadora non tranquila cas recomendacións sanitarias realiza pola súa conta unha proba PCR que resulta ser positiva, contactando co Sergas para activar os protocolos de rastrexo de contactos. Nese mismo intre, dende a entidade concesionaria avísase a todas as persoas usuarias ás que prestaba servizo esta traballadora, totalmente asintomática, e dan o seu consentimento para trasladar os datos ao Sergas, tal como indica o Concello.


Os familiares das catro persoas usuarias confirmaron que eran positivos, polo que se procede ao illamento das dúas traballadoras que cubriron o servizo nos días previos nestes domicilios. "A día de hoxe, agás os citados catro domicilios onde se rexistraron os contaxios, onde ademais as familias optaron por prescindir do servizo, o SAF estase a prestar con normalidade".


A diferencia do primeiro confinamento en marzo de 2020, o Concello de Silleda optou por manter o servizo como apoio ás persoas usuarias. Aínda así, alomenos tres persoas usuarias optaron por renunciar ao servizo de xeito temporal dende o aumento de casos no municipio, como medida de prevención, por vontade propia e por contar con apoio familiar.

O Concello lamenta a situación e desexa unha pronta recuperación das persoas afectadas por esta enfermidade.

0 comentarios

Comentarii


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page