top of page

Silleda informa do reparto de máis de 100.000 € nas axudas a colectivos culturais, veciñais e deportivos

A resolución provisional foi aprobada en Xunta de Goberno Local e poderá consultarse na web municipal


Laura Moure/Silleda

O goberno municipal de Silleda vén de aprobar o reparto das axudas a entidades para a realización de actividades culturais, para entidades deportivas e para aquelas de participación social e/ou veciñal. En total outorgaranse 104.000 euros nas tres liñas de axuda, destinándose 23.000 euros para as asociacións culturais (as que hai que sumar as aportacións nominativas para as dúas bandas de música, con 20.000 e 15.000 euros

respectivamente); 35.000 euros para as asociacións deportivas; e 11.100 euros para as asociacións veciñais e/ou de participación social.

A proposta, coa relación de beneficiarios e a puntuación, poderá consultarse na web municipal. Esta resolución xa foi comunicada nas últimas horas tamén aos colectivos.


A comisión de valoración outorgou unha serie de puntuacións tendo en conta os criterios recollidos nas bases destas tres convocatorias, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP de Pontevedra).


Subvencións culturais e veciñais

Nas subvencións culturais o reparto tamén tivo en conta –tal e como establecen as bases- as necesidades de agrupacións de coro e de baile tradicional no tocante aos gastos de dirección. Así, nesta liña a proposta recolle o seguinte reparto nas culturais para 18 entidades, tres máis que o ano pasado: Asociación Cultural Festa dos Callos de Ansemil-Martixe (452,89 euros); Anpa Raparigos (1.471,88 euros); Asociación O Cruceiro de Breixa (1.175,61 euros); Asociación Feiral Semana Verde de Galicia (1.345,44 €); Asociación Amigos da Banda de Música de Silleda (1.402,05€); Coral Polifónica Trasdeza (2.661,42€); Asociacion Cultural Vista Alegre ( 3.418,68€); Asociación Cultural O Son da Fervenza (849,16€); Aupa Deza (900 euros); Coro Vales Mahía (1.962,39€); Asociación Veciñal e Cultural de Refoxos (452,89€); Asociación Cultural Enredos Teatro (962,39 €); Asociación Sociocultural de Cortegada (622,72€); Asociación Cultural Xirandola (2.941,72€); Asociación de Mulleres Rurais Santa Isabel (622,72€); Anpa Brincadeira (512,60€); Asociación de Veciños da Parroquia de Laro (679,33€) e Asociación Cultural e Musical Gaiteiros da Pereiriña (566,11€).

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

No referente á convocatoria de subvencións de carácter veciñal e/ou participación social, o listado de beneficiarios complétase cas 13 entidades solicitantes. Nel figuran a Asociación Axóuxere de Fiestras (881,68€); Asociación de Veciños Villar de Trasdeza (941,60); A Costa de Abades (681,30); Asociación de veciños San Martín de Negreiros (901,53); Asociación Copa do Castro (801,53); Asociación de Veciños Santa Eulalia de Cira (1.061,83€); Asociación veciñal e cultural de Cortegada (641,22€); Asociación veciñal San Miguel de Lamela (1.182,06 €); Anpa Musiquiños (841,60); Asociación Veciñal Santiago Apóstol de Taboada (841,60); Asociación Veciñal de Manduas (520,99€); Asociación de Mulleres do Municipio de Silleda (941,60€); e Asociación veciñal de Parada, con 861,45€.


Subvencións deportivas

Na liña das subvencións deportivas concorreron dous clubs máis que o ano pasado, cun total de 12 entidades beneficiarias. O reparto, inclúe a Escola de Fútbol de Silleda, con 6.520,55 euros euros; Amigos do Fútbol CAF con 767,12 euros; a SD Bandeira con 7.000 euros; SPD Deza Pádel con 3.643,84 euros; a Sociedade de Caza, Pesca e Tiro de Silleda con 2.589,04 euros; a SD Silleda, 2.972,60 euros; 3.164,38 euros para o Club Petanca Bandeira; CF Lamela con 3.068,49 euros; 1.917,81euros para BTT Trasdeza; 1.630,14 para RG Bikes Scott Team; e 863,01 euros respectivamente para o Club de Pesca deportiva Río Deza e o club deportivo Ulla-Deza.


Subvención nominativa ás bandas de música

Polas súas especiais características de funcionamento e a labor didáctica que realizan, este ano novamente a Banda de Música Municipal de Silleda e a Banda Recreativa e Cultural da Bandeira terán subvención nominativa, sen concorrer cos demais colectivos, con axudas respectivamente de 20.000 e 15.000 euros, que se deben de xustificar con gastos e facturas ao igual que no resto dos casos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

En total todas estas axudas suman máis de 100.000 euros “unha cantidade que ven a reforzar a actividade e a gran dinamización que realizan os colectivos silledenses”, indica a alcaldesa, Paula Fernández, lembrando que ademais, o Concello de Silleda colabora en outras moitas actividades organizadas polas asociacións e clubes.


Prazo de xustificación

En canto aos prazos de xustificación, as entidades beneficiarias terán que presentar a documentación, que se colgará na web, e as facturas correspondentes para cobrar estas axudas antes do vindeiro 30 de novembro, incluindo ademais unha memoria fotográfica das actividades realizadas-tal e como se recolle nas bases- xunto coa conta xustificativa.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page