top of page

Silleda informa de restriccións temporais no tráfico no parque empresarial Área 33 co inicio das obras o luns

Ecos da Comarca/Silleda

O vindeiro luns 6 de outubro comezarán as obras de mellora das infraestruturas viarias na zona da primeira fase do parque empresarial Área 33, cun investimento de preto de 138.000 euros, cofinanciados pola Xunta de Galicia e o Concello de Silleda a través do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra.

O proxecto, adxudicado á empresa Taboada y Ramos, -a única que se presentou a proceso de licitación- contempla a renovación de máis de 2,2 quilómetros de rúas con actuacións de fresado e reposición do firme, reforzos nos cruzamentos, a aplicación dunha nova capa de rodadura con microaglomerado en frío e a renovación da sinalización horizontal e vertical.


Un dos cambios máis destacados será a implantación dun sistema de circulación en sentido único, coordinado coa Policía Local, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e a operatividade no polígono. Ademais, habilitaranse novas zonas de estacionamento.


 PUBLICIDADE

Dada a dimensión das obras, que afectan a toda a rede viaria do polígono, estableceranse restricións de tráfico temporais durante a execución dos traballos, polo que o Concello solicita a máxima colaboración das empresas e das persoas usuarias respectando tanto a sinalización de obra como as zonas de traballo delimitadas. “Somos conscientes das incomodidades que estas actuacións poden causar, pero trátase dunha mellora necesaria para garantir unhas infraestruturas seguras, funcionais e adaptadas ás necesidades actuais das máis de 80 empresas que operan neste parque empresarial, que é unha infraestrutura estratéxica para o noso municipio”, indica a alcaldesa e responsable municipal de Obras, Paula Fernández Pena.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O prazo de execución das obras é de dous meses e durante este tempo o Concello manterá unha canle aberta de coordinación co empresariado para minimizar as incidencias que poidan xurdir.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page