top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda informa á veciñanza do operativo de tráfico na avenida Recinto Feiral polas obras do PON2030

A alcaldesa e a dirección de obra mantiveron un encontro con residentes neste tramo, que estará pechado ao tráfico ata o 10 de setembro


Laura Moure/Silleda

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e a tenenta de alcaldesa, Mónica González mantiveron este xoves un encontro cas persoas residentes no tramo da avenida Recinto Feiral, donde se van a intensificar durante as vindeiras semanas os traballos da obra de mellora e rexeneración urbana no entorno da zona deportivo-escolar, no marco do

programa PON2030.


Co obxectivo de reforzar a seguridade e intensificar o ritmo das obras no primeiro tramo de cara a telas listas para o inicio do curso escolar, o tramo da avenida comprendido entre a rúa Progreso e a circunvalación do recinto feiral quedou onte pechado ao tránsito.

A alcaldesa, xunto ca dirección de obra, informou na xuntanza que só as persoas residentes terán acceso cos vehículos aos seus garaxes e vivendas e que tamén queda garantido o acceso peonil as instalacións da piscina e pavillón municipal. O carril habilitado durante esta fase dos traballos, prevista ata o 10 de setembro (víspera do inicio do curso escolar) será para as persoas residentes entrando dende a rúa Progreso.


Paula Fernández tamén explicou xunto co personal técnico detalles do proxecto, cofinanciado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Silleda co que se humanizará toda a zona deportivo escolar de Silleda, e que ten un investimento total de 802.977, 48 euros. A execución deste proxecto supón a rexeneración urbana do tramo da avenida Recinto Feiral, á beira do que se sitúan o CEIP Plurilingüe de Silleda e o pavillón municipal “César G. Fares”, así como na rúa Arturo Pérez Lázara, onde se ubica o estadio municipal de fútbol de Outeiriño, e o seu entorno. As obras tamén afectarán á baixada á Escola de Música Municipal.


Publicidade

Ademais da renovación do pavimento e beirarrúas, seguindo a filosofía de mobilidade aplicada na rúa Progreso, tamén se renovará o alumeado e mobiliario público, incluíndo a renovación de toda a barandilla no tramo lindeiro co parking do recinto feiral Semana Verde e a retirada dos setos que bordean a piscina municipal, con outro peche que inclúe a plantación de árbores. Tamén se arranxará o tramo da rúa M, un callelo que conflúe na propia avenida Recinto Feiral.


A rexedora agradeceu a comprensión das persoas residentes polas molestias propias das obras. Todas as persoas que non puideron asistir á xuntanza de onte ou que teñan interese en coñecer cuestións relacionadas co proxecto, poden poñerse en contacto co Concello a través da aplicación Liña Verde ou no mail xestionurbana@silleda.gal 




0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page